Skip to Content

VISITA AO PAZO DA ÓPERA

 
 

Onte o alumnado de 3º ESO asistiu ao ensaio da Sinfonía en Re maior, Op.43 composta por Jean Sibelius e interpretada pola Orquestra Filarmónica de Galicia no Pazo da Ópera de Coruña. Foron unhas horas cheas de música e arte, e o alumnado retornou moi satisfeito coa experiencia. Tiñan previsto aproveitar o resto da mañán para visitar a Casa das Ciencias pero por mor da borrasca Karlota, o parque de Santa Margarita foi pechado. Outra vez será!!

XORNADA NON LECTIVA 9 DE FEBREIRO

 
 

Recordade que o vindeiro venres día 9 de febreiro é o día elexido polo Claustro como non lectivo, polo que non haberá clase. Retomaremos a actividade logo do entroido, o xoves día 15. Disfrutade moito deste merecido descanso!

DÍA DA PAZ EN TELLEIRAS

 
 

Celebramos a semana pasada o Día da Paz con actividades organizadas pola Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística. Este é un bo momento para pararnos a botar unha ollada á barbarie e o sufrimento causado polos conflitos bélicos que están tendo lugar no mundo, moi lonxes xeográficamente pero moi preto nos nosos corazóns. Que fantástico sería que non houbese máis guerras e que puidesemos vivir en PAZ!!

VISITA DO ALUMNADO DE 2º BAC A SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

O alumnado de 2º BAC visitou hoxe a Universidade de Santiago de Compostela. Dividíronse en grupos acordes coas súas preferencias para percorrer as facultades do seu interese de cara ao futuro. As súas impresións foron moi positivas. Nós, pola nosa parte, traballamos arreo para que afrontedes esta nova etapa da vosa vida ben preparados. 

Ánimo!

 

EDUCACIÓN TRIBUTARIA NO IES AS TELLEIRAS

Esta mañá  alumnado das materias de Economía e FOPP de 4ESO e 1BACH dIsfrutaron dunha charla dentro do Programa de Educación Cívico-tributaria. O ponente, Miguel Hernández falounos sobre os impostos e sobre a necesidade do seu cumplimento para poder manter o estado do benestar no que vivimos. Foi moi interesante ver para que sirven os nosos cartos e todo o que se consegue cando todos contribuímos.

VISITA AO CIS TECNOLOXÍA E DESEÑO

VISITA DO CPR AYALA

 

Alumnado de 4º da ESO doutro dos centros da contorna, o CPR Ayala, veu  visitarnos esta semana pasada. Tres dos nosos alumnos chegados do mesmo colexio o curso pasado  acompañáronos no seu percorrido, para resolver as súas dúbidas e compartir con eles as súas impresións. Grazas pola vosa colaboración.

Os rapaces e rapazas do Ayala descubriron as nosas instalacións e recibiron información sobre a ampla oferta educativa que temos para 1ºBAC. Esperamos telos connosco o vindeiro curso!!

Benvidos a todos e todas!!

 

CHARLAS DA UVIGO E DA USC

 

Con vistas a orientar ao alumnado de 2º BAC que queira cursar estudos universitarios, esta semana contamos coa presenza no noso centro de dous relatores: un deles, profesor de UVigoque veu falarnos dos distintos graos da rama técnica (enxeñerías e enerxía) que oferta a universidade da cidade olívica; e outro, profesor da USC, que nos deu unha visión xeral pero moi completa das distintas titulacións ofertadas pola Universidade de Santiago, así como do procedemento de acceso ás mesmas, desde as probas ABAU ata a matriculación final. Esperamos que teñan sido de moita utilidade para o noso alumnado!!

 

Visita do alumnado do CPI do Feal

 

 

 

Visita do alumnado de 4º ESO do

Cpi do Feal

Hoxe estiveron con nós os alumnos e alumnas de 4º ESO do centro veciño, o Cpi do Feal. Deron unha volta polas instalacións e recibiron información sobre a ampla oferta educativa do noso centro en Bacharelato. Esperamos telos con nós o curso que vén!! Seredes moi benvidos!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut