Skip to Content

8M DÍA INTERNCIONAL DA MULLER

Celebramos este 8M Día Internacional da Muller con varias iniciativas, todas elas encamiñadas a mostrar os éxitos acadados por mulleres en distintos ámbitos da nosa sociedade. Igualmente, as profesoras do centro reflexionan sobre a súa vivencia persoal e como o feito de ser muller ten afectado ás súas carreiras profesionais. Orgullosas de servir de referentes ao noso alumnado!

   
       

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

O prazo de presentación das solicitudes ordinarias de admisión abranguerá do día 1 ao 20 de marzo de 2024, ambos incluídos.

    A solicitude de admisión realizarase no modelo ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis.     

   As persoas solicitantes poderán:

 - Cubrir os formularios na aplicación admisionalumnado e presentalos por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, sempre que se dispoñan de certificado dixital ou de Chave365. O anexo II-bis, unha vez cuberto, deberán imprimilo, asinalo e axuntalo coa solicitude (anexo II).

  - Descargar os formularios da aplicación admisionalumnado, da sede electrónica da Xunta de Galicia ou da páxina web da Consellería de Educación, para cubrilos manualmente e entregalos de forma presencial.

EXCURSIÓN A LONDRES 2024

Para aqueles que non tiveron a oportunidade de asistir á xuntanza de familias do alumnado de 1ºBAC no concerniente á excursión a Londres, déixovos o enlace á presentación que alí se mostrou en formato descargable. Para calquera cuestión, non dubidedes en poñervos en contacto con nós.

 PINCHA AQUÍ

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO IES AS TELLEIRAS

O vindeiro martes día 12 de marzo ás 6 da tarde, o IES As Telleiras abrirá a súas portas para recibir a todos aqueles e aquelas, futur@s alumn@s e as súas familias, que quieran vir  coñecernos e visitar as instalacións do centro. Será unha grande oportunidade para coñecer de primeira man a nosa ampla oferta educativa  e para resolver calquera dúbida.

Agardámosvos!!

OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA 2024

 

O pasado 8 de febreiro, o alumnado de Educación en Valores (3º ESO) e de Filosofía (4º ESO) participou na XI Olimpíada Filosófica de Galicia. Nada menos que dúas alumnas do IES As Telleiras resultaron seleccionadas para a final, que se vai celebrar o vindeiro 14 de marzo na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela:

-Vera Caneiro Beceiro, na modalidade de Dilema moral;
-Lara Díaz Fernández, na modalidade de Fotografía filosófica.


Parabéns!


Premios na First Lego League

O equipo CTRL-T do IES As Telleiras, integrado por alumnos e alumnas de 1º ESO, vén de participar na edición rexional da First Lego League que se celebrou este pasado sábado no Campus de Esteiro e no Auditorio de Ferrol, con moi bos resultados, xa que gañaron o premio PuntoGal ás Novas Promesas e a nosa profesora Tamara Cercido acadou o premio á Mellor Adestradora. Todo un éxito e unha grande recompensa ao esforzo e traballo que levan feito durante todo este curso.

 

Asimesmo, o equipo naronés G4z4f4nt4sm4s da escola multidisciplinar Gazapo, que conta con alumnado do noso centro, alzouse co primeiro premio “Ingeniera Soy” do certame e participará o vindeiro 16 de marzo na fase nacional do mesmo, en Alicante. 

 

Noraboa, campións e campioas!

 

XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL DE FERROLTERRA

O Auditorio de Ferrol e o Conservatorio de Caranza albergaron hoxe as Xornadas de Orientación Académica e Profesional de Ferrolterra, onde distintos centros de FP, as Forzas Armadas e escolas privadas contan con stands para informar da súa oferta educativa. O noso alumnado de 4º ESO participou esta mañán, regresando ao centro con moitas ideas para o seu futuro profesional!

VISITAS Á DOMUS E AO AQUARIUM

No día de hoxe o alumnado de 1º ESO saíu de visita ao Aquarium de A Coruña e o de 3º ESO visitou a Domus da cidade herculina. Todos eles “fixeron” Ciencia da boa!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Todo o alumnado homenaxeou no día de hoxe á grande Rosalía de Castro, coa escritura de poesías e lectura das mesmas, creación dunha liña de tempo adicada á súa vida e mesmo murais sobre á súa obra, tal e como mostran as seguintes fotos.

Distribuir contido


by Dr. Radut