Skip to Content

Aviso sobre o transporte escolar 2020


 

Aviso sobre o transporte escolar


 

 

A partir do 8 de xaneiro de 2020, a Consellería de Educación modifica as concesións do transporte escolar, polo que os autobuses que recollerán ao alumnado serán de outras empresas, pero as paradas e os horarios serán os mesmos. Desculpade polas molestias.

Bo Nadal!

Dende o IES As Telleiras desexámoslles

bo Nadal e Feliz ano 2020!

Entrega de notas da 1ª avaliación - Adultos

ENTREGA DOS BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS

ENSINANZAS DE ADULTOS

 

1ª AVALIACIÓN (CURSO 2019-2020)

 

 

  • 1º e 2º Bacharelato (adultos): xoves 19 de decembro, a partires das 18.00 h en Xefatura de Estudos.

 

  • FP Básica: xoves 19 de decembro, ás 19.10 h na aula do curso (E2B).

Días festivos de outubro - novembro (curso 2019-2020)

Non haberá clase os seguintes días:

- xoves 31 de outubro, por ser o día do Ensino;

- venres 1 de novembro, festividade de Todos os Santos; e

- luns 4 de novembro, festivo de libre disposición elixido polo centro.

HORARIOS ENSINANZAS DE ADULTOS: CURSO 2019 - 2020

Pódense consultar os horarios dos distintos niveis clickando na casiña oportuna:

 

     FP Básica    

       

Bacharelato semipresencial de adultos

* 1º Bacharelato

* 2º Bacharelato

* Calendario alternancia titorías orientación

E.S.A.

 

 

Alumnado admitido no bacharelato de adultos 2019-20

Alumnado admitido

Bacharelato de adultos (2019-20)

 

Todo o alumnado que presentou a súa solicitude de matrícula para o curso 2019 - 2020 en 1º e 2º do Bacharelato de Adultos no IES As Telleiras foi admitido.

O inicio do curso terá lugar o xoves 26 de setembro ás 17:30 h, coa entrega de horarios e presentación do curso.

A Dirección do centro

Presentación alumnado Ensino de Adultos. Curso 2019 - 2020

 

INICIO DO CURSO 2019-2020

ESA E BACHARELATO DE ADULTOS

 

 

 As ensinanzas de adultos do curso 2019-20 comezarán coa presentación e entrega de horarios:

 

 

  •  Para a ESA: o venres 20, ás 17:30 h, na Aula E3A do Edificio principal.
  •  Para Bacharelato de adultos: o xoves 26, ás 17:30 h, na Aula E3A do Edificio principal.

 

 

Xefatura de Estudos de E. de Adultos

Ciclos formativos de Formación Profesional básica. Curso 2019-2020

Todo o alumnado que presentou a súa solicitude de inscrición para o curso 2019 - 2020 no 2º curso do ciclo formativo de Formación Profesional Básica - Carpintaría e Moble no IES As Telleiras foi admitido.

Este alumnado pode formalizar a matrícula dende o venres 13 de setembro ata o venres 20 de setembro.

Os sobres están dispoñibles na conserxaría do centro.

A Dirección do centro

 

Admisión Ciclos formativos de Formación Profesional básica.

Prazos do proceso de admisión FP Básica Carpintaría e Moble

Curso 20192020

 

 

Presentación de solicitudes na conserxaría do centro (só para alumnado procedente de outros centros)

Desde o día 2 ata as 13:00 horas do día 12 de setembro de 2019

Publicación da listaxe de alumnado admitido no taboleiro do centro

13 de setembro de 2019

Reclamación á listaxe de alumnado admitido

16 e 17 de setembro de 2019

Matriculación na secretaría do centro

Desde o día 13 ata o día 20 de setembro de 2019

 

Normativa aplicable: Resolución do 26 de xullo de 2019, da dirección xeral de educación, formación profesional e innovación educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2019/20. (DOG do 9 de agosto de 2019).

Observacións:

  • Os impresos de solicitude de admisión estarán dispoñibles na conserxaría do centro.

  • Os sobres de matrícula estarán dispoñibles na conserxaría do centro a partir do 2 de setembro de 2019.

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS SETEMBRO

ENTREGA BOLETÍNS CUALIFICACIÓNS

SETEMBRO 2019

MÉRCORES 4 DE SETEMBRO

  • 2º Bacharelato (adultos): ás 11:30 h na aula do curso.
  • 1º Bacharelato (diúrno e adultos): ás 11:30 h na aula do curso.
  • 1º e 2º da ESO: ás 16:30 h na aula do curso.
  • 3º e 4º da ESO: ás 17:30 h na aula do curso.
  • ESA: ás 11:30 h na aula do curso.
  • FP Básica: ás 11:30 h na aula do curso.

 

IMPORTANTE: o alumnado pendente da devolución de libros pode facelo na Biblioteca do Centro dende o 2 de setembro ata o día 4 de setembro á hora da entrega de boletíns de notas.

Distribuir contido


by Dr. Radut