Estudos de FP básica
Xun 28
Erasmus+
Xun 27
Erasmus+ de Patricia
Xa podedes consultar a liste de libros para o vindeiro curso 2023-2024 clicando no seguinte enlace: Libros de texto 2023-2024
O pasado 19 de xuño, tocou despedir ao noso alumnado de 4º da ESO e 2º de FP básica de agraria e de administrativo nun acto de graduación que tivo lugar no salón de acto do IES de Arzúa. Clicando no seguinte enlace Acto de Graduación de 4º da ESO e 2º de FP básica, podedes ver as fotos do evento.
O pasado 9 de xuño, tocou despedir ao noso alumnado de 2º de Bacharelato nun acto de graduación que tivo lugar no recinto feiral Terra do Queixo do Concello de Arzúa. Clicando no seguinte enlace Acto de Graduación de 2º de Bach, podedes ver as fotos do evento.
Erasmus + Reino Unido
Xun 21
Daniel, o noso alumno de FP básica de Servizos Administrativos acaba de regresar de Reading. Gracias ao programa Erasmus + estivo case tres meses realizando a FCT no Reino Unido e neste período puido mellorar o idioma, coñecer como se traballa nunha empresa inglesa e integrarse na cultura doutro país. A súa experiencia en Aces Organisation foi moi gratificante, os primeiros días tivo unha gran acollida e ao longo das semanas puxo en práctica os coñecementos adquiridos no ciclo e puido desenvolver todas as tarefas que lle solicitaron de maneira áxil e eficiente.
Hoxe remata o curso e no IES de Arzúa xa estamos a pensar no próximo, que contará con moitas novidades entre as que está o ciclo medio dual de Xestión Administrativa. Unha etapa educativa que tíñamos pendente no centro para completar todos os niveis de formación profesional da rama de administrativo. Se queres máis información, non dubides en contactar co centro e explicarémosche en detalle toda a nosa oferta para o 2023/2024.
Entrega de notas
Xun 20
Visita de Pedro Morais
Xun 14
Nestes últimos días de maio desenvolvemos unha nova actividade formativa do noso proxecto Erasmus+ 'Camiños de Europa’. Tratábase dunha mobilidade individual onde contamos co experto convidado Pedro Morais, profesor da Universidade de Coimbra e director da Associação Portuguesa de Ecoturismo. A formación estaba destinada a alumnado de diferentes niveis educativos e tiña diferentes liñas temáticas, todas relacionadas coa ecoloxía e o patrimonio natural. No marco dos obxectivos Erasmus de melloría lingüística, cultural e medioambiental, a formación foi realizada en lingua portuguesa. Constatamos que o alumnado non só comprendía, senón que en xeral participaba activamente. Polas tardes, várias persoas do noso equipo Erasmus convidaron o noso experto a varias saídas polos arredores de Arzúa onde tivemos a ocasión de coñecelo en profundidade e de mostrarlle espazos emblemáticos do noso concello, como Ribadiso, Boente, o Enredo do Abelleiro e a fervenza das Hortas. Foi unha experiencia moi enriquecedora tanto para alumnado como profesorado e esperamos poder seguir ofrecendo actividades semellantes no futuro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »