Programa Xogade

O programa XOGADE combina o programa deportivo e competitivo (escolar e federado) cun programa lúdico e participativo para os escolares dos centros educativos de toda Galicia, camiño cara un deporte humanista, federado e saudable. O obxectivo primordial é a promoción da saúde, a condición física e o benestar, sen esquecer nin deixar de lado o rendemento deportivo, pero asegurando que todos os escolares poidan ter acceso á práctica de actividades físico-deportivas sen que exista ningún tipo de discriminación.
Este ano o noso centro participa na modalidade de Badminton (modalidade individual). A primeira xornada desta competición tivo lugar o sábado, día 11 de novembro de 2023, na localidade de Trazo de 10:00 horas a 13:00 horas aproximadamente e participaron na mesma tres alumnas de 1º ESO e un alumno de 2º ESO. 
Foi unha xornada na que, ademáis de facer deporte, coñecimos persoas novas e compartimos unha mañá moi divertida. Seguiremos entrenando para dar o máximo na vindeira xornada, que será en Toques no mes de decembro.

Diseño

25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Como sabes, o próximo 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Co fin de celebrar esta importante data, convidámosvos a participar neste "Recital de Poesía Feminista". O acto terá lugar no primeiro recreo do 24 de novembro no Salón de Actos. Para máis información consulta o cartaz. Anímate a participar

 

25N Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero

Como sabes, o próximo 25 de novembro é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Co fin de celebrar esta importante data, convidámosvos a participar neste "Recital de Poesía Feminista". O acto terá lugar no primeiro recreo do 24 de novembro no Salón de Actos. Para máis información consulta o cartaz. Anímate a participar

25N

Halloween

No IES de Arzúa celebramos Halloween con actividades interculturais, obradoiros de origami, deseño de epitafios e posts, actividades interactivas en vídeo e, como non, decoración inspiradora e festa...

 

Halloween

Axudas de Mobilidades Erasmus para FP básica e CM curso 2023

Clicando no seguinte enlace: Axudas de mobilidade Erasmus para alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos públicos  podedes acceder á resolución do 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades que establece as bases reguladoras da convocatoria.

Podedes descargar o documento de solicitude  no seguinte enlace: ANEXO II

An english education (Levi)

Levi 2 Nov

Taller de papel reciclado

O alumnado de FP básica de Servizos Administrativos realizou un taller de reciclaxe de papel para incidir na importancia de reducir a deforestación e o consumo de recursos naturais. Con este taller puideron comprobar o sinxelo que é contribuír ao coidado do planeta mediante a fabricación de papel a partir de papel usado en lugar de empregar polpa de árbore. Esta técnica tamén axuda a diminuír a xeración de residuos e a contaminación do medio ambiente.

Obradoiro de papel reciclado

Charla sobre emprendemento no rural: Floradeira

Xa comezou a actividade da nova Aula de Emprendemento do IES de Arzúa coa charla sobre Emprendemento no rural de FLORADEIRA: o proxecto de Verónica de cultivo e venda de flores online. Verónica explicou en dúas quendas a súa traxectoria profesional. O alumnado de FP tanto de Administración e Xestión como de Agraria puido coñecer como despois de estudar psicoloxía e terapia ocupacional e traballar do seu, decidiu dar unha volta a súa vida e crear un novo proxecto empresarial para ser a xefa da súa vida. Esta emprendedora contou polo miúdo como comezou cunha subvención de 3000 euros e a súa aposta pola páxina web e as redes sociais como escaparate dos seus produtos. Explicou como nos seus inicios vendía un ramo á semana e tras catro anos en funcionamento ten mais de 20.000 seguidores en Instagram, realiza unha media de 20 pedidos ao día e os envíos van dende a súa aldea de Paderne a diferentes partes de España en menos de 24 horas. Tamén incidiu sobre outros elementos como o packaging, as empresas de transporte, o crecemento do seu proxecto, a necesidade de focalización, a facturación, as inversións futuras e a conciliación. En definitiva, a experiencia de Verónica foi un gran exemplo para que o alumnado coñeza o emprendemento dende unha perspectiva real e auténtica.

Floradeira

Logo Aula de Emprendemento

Podedes clicar no seguinte enlace para descargar as bases do concurso para o Logo da aula de emprendemento: Concurso logo aula de emprendemento

Logo aula emprendemento

Samaín