A visita ao Parque Nacional dos Abruzos supón o comezo dunha relación de colaboración entre a Reserva Natural do Lago Posta Fibreno e o Parque Nacional aportando os primeiros experiencia na xestión de humedais. Compartimos visita cun grupo de estudantes e a profesora Eva Garcia do CIFP Monte Aragón de Huesca, tamén de Erasmus en Italia. Despois fomos ao Museo dedicado ao Lobo dos Apeninos.
Pola tarde Francesco Tomaselli de http://www.fibrenofficinali.it/
mostrounos a súa explotación de plantas medicinais, así como o proceso productivo, os seus usos e aplicacións.
Día 2 na Reserva Naturale Regionale Lago di Posta Fibreno!
Hoxe as profesoras que participan no" job shadowing" (Erasmus +) na Region de Lazio, comezaron o día visitando o IIS Medaglia d´Oro Cassino. Neste instituto impártese formación profesional de marketing, agraria e administración e finanzas. Despois de mostrarlles as instalacións intercambiaron información co profesorado e alumnado do 5º curso do nivel técnico de agraria sobre o traballo que se desenvolve en ambos institutos e as posibilidades de colaboración para futuros proxectos.
A continuación, no laboratorio, o alumnado explicou o seu proxecto de produción de mel" no nome das abellas" así como o proceso de envasado e etiquetado para a venda final. Fixeron unha demostración de elaboración de limoncelo e obsequiáronnos cunhas riquísimas marmeladas elaboradas por eles mesmos. Finalmente, profesorado e alumnado mostráronlle as instalacións de produción de planta, o invernadoiro, a vide onde cultivan diferentes variedades de uva autóctonas da rexión de Lazio, cultivos hidropónicos e plantas aromáticas (incluíndo unha variedade propia de albahaca, o basilico napolitano).
Moitas posibilidades de colaboración no futuro! Grazie mille!
Excelente acollida do Direttore da Riserva Naturale Regionale Lago di Posta Fibreno, Antonio Lecce ás profesoras de Erasmus + en Italia do IES de Arzúa: Susana Novo, Silvia Mira e Montserrat Pita. Gozaron dun paseo polo lago acompañadas polos estudantes de aproveitamento e conservación do medio natural, Damián Ramos e Xián Barreiro, que están facendo as súas prácticas de ciclo a través do programa Erasmus+.
Tiveron a oportunidade de observar especies características da reserva como cola de cabalo, mergullón cristado, galiñola negra, pita de auga, oliveira... e outras propias de humedais. Tamén viron trampas para estudar e reducir a poboación de porco bravo. Hoxe non houbo sorte pero procurarán atopar osos no Parque Nacional dos Abruzos, no corazón dos Apeninos Centrais. Mañá serán recibidas no centro educativo IIS Medaglia d´Oro Cassino e na Azienda Agrícola Cervelli.
O pasado luns 15 no Club de lectura contamos con Inés Vázquez creadora de obras de banda deseñada como
Aldara que nos deu un obradoiro sobre creación de personaxes e explicounos como foi o seu propio proceso
creativo. Neste caso, a partir do remuíño de ideas colectivo perfilamos os trazos da nosa personaxe de
ficción: o oso panda, pacífico mais enérxico defensor da natureza contra a invasión de eucaliptos. Cada quen
trazou o deseño e os atributos no noso protagonista de acordo aos seu imaxinario e habilidades.
Esta xornada axudounos a concretar o visto en sesións anteriores sobre a linguaxe e as características da
novela gráfica e cómic. Agora xa estamos preparadas para crear!
Clicando no seguinte enlace, Fondolibros, pódese acceder á Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto.
Visita a Toldos Gómez
Maio 15
A semana pasada, o alumnado de primeiro do CS de Administración e finanzas e de FPB de Servizos administrativos visitaron Toldos Gómez, una das principais empresas de Arzúa do sector secundario.
O percorrido foi guiado polo director-xerente, Esteban Raposo, que explicou minuciosamente a historia desta sociedade familiar que soubo adaptarse as necesidades de cada época. Tamén deu a coñecer os produtos que ofrece actualmente e as súas instalacións. A primeira parada foi na sede corporativa situada no Parque empresarial de Arzúa e despois trasladáronse a sede central localizada no lugar de Raído.
Agradecemos inmensamente a boa acollida que tivemos nesta visita que estaba perfectamente planificada, organizada e adecuada para o noso alumnado de Administración, ao cal proporcionáronse diversas contas da compañía como o balance, a conta de PeG ou o fondo de manobra. Tampouco nos podemos esquecer do agasallo que se levaron para a casa: unha bolsa feita cos restos doutras confeccións cos logos de Toldos Gómez e do Ies de Arzúa con mais detalles no seu interior. Un bo recordo para lembrar esta interesante visita.
As probas libres de acceso a ciclos terán lugar nas seguintes datas:
- 2 de xuño: acollida ás 12:00
- do 5 ao 9 de xuño: proba libre parte teórica
- do 12 ao 19 de xuño: proba libre parte práctica.
O prazo de matrícula remata o 30 de maio.
O pasado martes, 9 de maio, tivo lugar no noso centro, dentro das Escolas de Nais e Pais, unha charla na que se trataron diversos temas relacionados coa adición a videoxogos e pantallas. A charla foi impartida por Patricia Gómez Salgado, Licenciada e doutora en Psicoloxía e experta en adolescentes e TIC´S.
Patricia, dunha maneira moi clara, trasladounos as vantaxes e desvantaxes do uso da Internet e das Redes Sociais e deunos pautas para que os/as nosos/as adolescentes teñan unha relación san coas novas tecnoloxías. É necesario traballar con eles, entre outras cousas, a autoestima, a empatía, a asertividade, o respecto e a comunicación, así como marcar normas e límites e ter outras alternativas de ocio e tempo libre.
Período de matriculación para o alumnado admitido desde as 9:00 do día 10 de maio ata as 13:00 do día 19 de maio no centro no que teña praza adxudicada.
Comezo do período de inscrición para probas de acceso a ciclos formativos de grao superior
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »