Xerais

Novas de interese do noso IES

RECREOS ACTIVOS

in

Os RECREOS ACTIVOS son momentos nos que se fomenta a actividade física e o deporte durante os recreos. Permiten que os estudantes socialicen, se divirtan e melloren a súa condición física a través de diferentes actividades deportivas.

As competicións realizaranse en fútbol mixto, fútbol feminino, bádminton, baloncesto e vóley.

AXUDAS ERASMUS+ PARA O ALUMNADO DE FP BÁSICA E GRAO MEDIO

in

Na seguinte ligazón podedes atopar as bases para participar nas mobilidades ERASMUS+ este curso 24-25

O prazo para entregar a solicitude, Anexo II, na Secretaría do IES remata o 30 de setembro.

Poden participar alumnado de Básica e Ciclo Medio recién titulado ou para realizar as prácticas de FCT.
Se precisades aclaracións relacionadas co Programa podedes falar con Teresa ou Xurxo do Equipo Erasmus.

Animádevos a participar!!!!!

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR DENDE O CONCELLO DE ARZÚA

in
Infórmannos dende o Concello de que este xoves 19/09/2024 ábrese e o prazo para solicitar as axudas de material escolar para o alumnado dos niveis de educación infantil, primaria e ESO.
Máis información no pdf adxunto

 

OFERTA ACTIVIDADES MUNICIPAIS DO CONCELLO DE ARZÚA 2024-2025

in

Dende o Concello de Arzúa, envíannos este documento coas actividades deportivas para o curso 2024/2025.

Animádevos e preguntade por elas no Concello, si algunha vos interesa.

Horario de inicio das clases. Curso 2024-2025

in

Mércores 11 de setembro

✔ 8:50: O alumnado da ESO e de FP básica entrará polo edificio principal onde agardará a ser chamado e acollido polo seu titor/pola súa titora.

✔ 9:00: Acollida no salón de actos das familias do alumnado de 1º ESO e de 1º FP Básica pola directora.

✔ 10:50: inicio das clases para todo o alumnado da ESO e da FP básica

 Xoves 12 de setembro

✔ 8:50: O alumnado de Bacharelato e de ciclos entrará polo edificio principal onde agardará a ser chamado e acollido polo seu titor/pola súa titora.

✔ 10:50: inicio das clases para todo o alumnado de bacharelato e de ciclos.

O alumnado de ESO e FP básica terá horario habitual de 8:50 a 14:30

Distribuir contido

Back to top