You are hereO Son e o Silencio

O Son e o Silencio


Semana Cultural abril 2018

"O SON E O SILENCIO" RECITAL DE POEMAS

Estas son as presentacións que acompañaron aos recitais de poemas en diferentes linguas, realizadas polo profesor Santiago Sanjurjo.

O SON E O SILENCIO NOS MEDIOS

La Voz de Galicia

Na TVG. Telexornal mediodía (23-04-2018)

"O SON E O SILENCIO" XOVES 19 ABRIL

Dúas sesións de recitados en distintas linguas.

Alumnado de Bacharelato e ESO.

Profesores e profesoras dos departamentos de Lingua Galega,Lingua Castelá e Lingua Inglesa, organizan e participan cos seus alumnos. 

"O SON E O SILENCIO" XOVES 19 ABRIL

Deixámosvos aquí unha selección de fotos do concerto didáctico "O SON DO SILENCIO"

Son todos os que están, pero non están todos os que son.

Próximamente subiremos videos para que disfrutedes da súa música, das súas voces, do seu talento.

 

Tivemos invitados especiais; rapaces e rapazas de 6º de Primaria, do CEIP FONTIÑAS e CEIP MONTE DOS POSTES.

 

"O SON E O SILENCIO" MÉRCORES 18 ABRIL

E non podían faltar as voces e a música dos alumnos de BACHARELATO DE ARTES, con Pablo López, o seu profesor de música.

Nas fotos, ÁLVARO, ARIADNA e LEO.

"O SON E O SILENCIO" MÉRCORES 18 ABRIL

Terceiro obradoiro de "PINTURA E SON".

VANESSA, ANTÍA e CRISTINA foron as alumnas de 2º BAC ARTES que traballaron cos máis pequenos do instituto.

"O SON E O SILENCIO" MÉRCORES 18 ABRIL

De novo hoxe, o noso alumno Francisco Grancha deleitou ao alumnado de 2ºESO

cos seus coñecementos de

BEAT BOX

"O SON E O SILENCIO" MÉRCORES 18 ABRIL

Hoxe  unha nova proxección cine mudo.

Selección de fragmentos de "El maquinista de la general"

"O SON E O SILENCIO" MÉRCORES 18 ABRIL

A nosa compañeira de Educación Física, Belén Rodríguez, ofreceu a dous grupos de alumnos e alumnas dúas sesións de IOGA. 

 

"O SON E O SILENCIO" MÉRCORES 18 ABRIL

Concerto didáctico de Pedro Lópeh sobre "OS SONS DA MÚSICA POPULAR".

Descubrimos neste músico extremeño un magnífico acordeonista e un gran comunicador, cuxos coñecementos sobre música popular deixáronnos abraiados.

Tanto é así que viña para unha sesión e ofreceuse a facer tres. Todo xenerosidade. Moitas grazas, Pedro.

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos