Probas Certificación do Nivel de Inglés (alumnado 2º Bach)

Foron concedidas becas para a realización das probas de certificación de linguas estranxeiras (convocadas pola Consellería de Educación).

Para o IES Antonio Fraguas concedéronse 34 becas para o alumnado de 2º de Bacharelato que o solicitou no seu día.

 

Estase organizando a proba de nivel de INGLÉS, que se realizará no propio insituto nos seguintes días:

12 de Abril (mércores) de 10:00 a 12:00: Proba escrita Reading & Writing

19 de Abril (mércores) de 16:30 a 20:00: Proba Oral Speaking & Listening

 

O alumnado candidato debe traer este arquivo (preme aquí para descargalo) nunha memoria USB o día do exame oral, debidamente cuberto, para utilizar no momento do exame. Se tes dúbidas de como cubrir este documento, consulta coa túa profesora de inglés.

Ademáis, o alumnado candidato deberá acudir á proba co seu DNI e cun "documento de cita" que se lle entregará no instituto uns días antes do primeiro exame.

 

Para máis información sobre a proba, preme na seguinte ligazón da empresa examinadora Trinity College London

 

Aleta Laranxa Martes 17 de xaneiro

Por mor da Alerta Laranxa, non haberá transporte escolar (Consellería Educación) na tarde do MARTES 17 de XANEIRO.

(Si que hai para volver a casa agora ás 14:25)

 

Aclaracións:

Mantense a actividade lectiva, é dicir, hai clase en horario normal de 17:05 a 18:45.

 

Suspéndese a actividade do Club de Ciencia que estaba prevista para este mediodía no centro.

 

Suipéndese o ensaio do grupo de teatro que estaba previsto para este mediodía no centro.

 

Suspéndese a reunión informativa para pais e nais sobre a viaxe a Florencia que estaba prevista para hoxe ás 19 horas.

 

Saúdos

Carlos Encisa

Director do IES Antonio Fraguas

Prezos finais e prazos de pago das viaxes

Preme sobre a imaxe para acceder á información dos prezos finais, prazos e números de conta para o ingreso das viaxes de Andorra e de Florencia.

 ATENCIÓN: o número de conta da viaxe de Florencia non é o mesmo que se utilizou para o primero pago (a partir de agora para a viaxe a Florencia os pagos realízanse na conta da axencia de viaxes, o número de conta para Andorra si que é o mesmo que o do primeiro pago).

Resultados da Renovación Parcial do Consello Escolar

Unha vez realizadas as votacións de pais e nais, así como de alumnado, infórmase do resultado para estes colectivos:

Nova incorporación representantes de pais e nais:

Natalia San José Ovejero

Novas incorporacións representantes do alumnado:

Agustín Landín Fritz e Nerea Mata Martínez

 

As actas cos resultados das votacións e os votos obtidos por cada candidatura están expostos no taboleiro do centro.

Renovación do Consello Escolar 2022

 Este ano novamente temos que renovar parcialmente o Consello Escolar e escoller 2 representantes de alumnado, 1 de pais e nais, e 3 representantes do profesorado.

 

PUBLICACIÓN dos LIBROS de TEXTO (1ºESO, 3ºESO, 1ºBACH)

Publicación dos listados de libros de texto para 1º ESO, 3º ESO e 1º Bach

Preme aquí para acceder á páxina dos libros de texto

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

  

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos