You are here1º de Bacharelato volve á presencialidade 100%
1º de Bacharelato volve á presencialidade 100%
A partires do vindeiro luns 26 de outubro, o alumnado de 1º de bacharelato volve ao ensino 100% presencial, e no horario habitual. Todos/as en clase e todos os días.
A Consellería de Educación acaba de confirmar obras no instituto esta fin de semana para ampliar algúns espazos e deste xeito posibilitar o ensino presencial tamén para os catro cursos de 1º de bacharelato.
As obras de remodelación, organizadas pola Unidade Técnica da Xefatura Territorial, comenzarán o venres e realizaranse o venres pola tarde e o sábado, para que o luns todo o alumnado xa poida acudir ao centro. O domingo limparanse os restos das obras. Pode que queden algúns detalles sen rematar (conexións, pintura,...) que se acabarían nos primeiros días da semana (fora do horario). O compromiso da Consellería coa dirección do centro é o de permitir que as aulas estean operativas o luns, polo que xa poderá acudir ao centro todo o alumnado en horario normal.
Durante o día de mañá xoves 22 e o venres 23 informaremos dos cambios de ubicación que terán algunhas aulas do centro para permitir a nova organización. Todas as aulas que se van a utilizar xa se están utilizando na actualidade, a única diferencia é que nalgúns casos uniranse algunha delas con outra anexa máis pequena, para facerse máis grandes e permitir así impartir docencia a grupos completos de 1º de bacharelato, e non en quendas como ata agora. Os horarios dos grupos non se alteran.
Agradezo a implicación nestes días das familias do alumnado e da ANPA porque foron claves para ter conseguido unha solución que terminase coa semipresencialidade no noso centro. Moitas gracias!
Carlos Encisa
Director do IES Antonio Fraguas