You are hereSemáforo COVID

Semáforo COVID


By encisa - Posted on 24 Septembro 2020

 

Preme AQUÍ para acceder ao procedemento de actuación no caso de positivo por Covid entre o alumnado

 

Novidades respecto ao procedemento do SERGAS:

O procedemento actual do Sergas é non confinar ao alumnado vacinado, mentras non teña síntomas, ainda que fora contacto cun positivo. Dende o centro non temos acceso á situación de vacinación do alumnado (como é lóxico), polo que non imos enviar alumnado para casa (como facíamos antes) ata que o realice o Sergas (rastrexadores/as), xa que cando o fixemos ao inicio deste curso 2021-22 resultou absurdo, xa que trala chamada do Sergas o alumnado vacinado volvía ao centro.

Por outra banda, a información que procedía do Sergas a través da aplicación EduCovid non se está actualizando con normalidade (entendemos que por saturación) polo que, ainda que temos constancia de alumnado xa non incorporado dende as vacacións por ser positivo, non aparece na aplicación. Os casos novos (alumnado que acudiu estes días ao centro e despois resultou ser positivo) estanse comunicando polo procedemento habitual e despois serán os rastrexadores quenes fagan o resto.

 

En conclusión: continuamos coa actividade normal salvo que o Sergas chame ás familias para confinar ao alumnado. Mantemos o semáforo en vermello porque temos casos activos, pero lembrade que mantendo as medidas de protección non haberá confinamentos, e no caso de contacto directo cun positivo, tampouco seredes confinados/as se non tedes síntomas e estades vacinados/as.

Por ser prácticos, xa non informaremos dos casos concretos neste apartado, como antes, xa que non é preciso. No caso de situación excepcional, por suposto, informaremos novamente.

 

 

Seguide cumprindo as medidas de protección. Nos vos relaxedes.

 

 

 

 

 

 

O "semáforo Covid" estará sempre visible na páxina principal do IES Antonio Fraguas. Deste xeito, as familias poden, nun vistazo, saber a situación sanitaria do centro. 

Semáforo verde= non hai casos positivos. Normalidade

Semáforo amarelo= detectado un caso dubidoso con síntomas compatibles, pero sen confirmar

Semáforo vermello= casos positivos, aillamento parcial ou total (neste caso avisarase ás persoas implicadas como contactos directos, de forma privada e segundo o criterio que determinen as autoridades sanitarias. Nesta páxina indicarase o curso e grupo afectados, sen especificar os nomes das persoas)

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos