You are herePublicación das notas da 2ª avaliación
Publicación das notas da 2ª avaliación
Hoxe venres día 17 de abril, ás 15:00, publicaranse as notas da 2ª avaliación (traballo desenvolvido ata o 13 de marzo) a través da aplicación Abalar Móbil.
Tamén é posible acceder á información a través do Espazo Abalar da Consellería de Educación, utilizando para o acceso o DNI electrónico ou a Chave365.
No caso de ter dificultades para o acceso á información a partir da hora indicada, contacte co centro educativo a través do enderezo electrónico.