You are hereFormación do Profesorado no Estranxeiro

Formación do Profesorado no Estranxeiro


By encisa - Posted on 06 Decembro 2019

Esta semana regresa de Porto (Portugal) o profesor de portugués do noso centro Alfonso de la Santísima Trinidad Gómez, onde realizou unha estadía de formación durante tres semanas (PIALE).

 

O Programa Integral de Aprendizaxe das Linguas Estranxeiras (PIALE) é unha iniciativa da Consellería de Educación para a formación do profesorado. 

O profesor do noso centro realizou a formación baseada nun programa de inmersión lingüística en lingua portuguesa na Escola Secundaria Alexandre Herculano de Porto  (http://www.aealexandreherculano.pt/). Durante a súa formación a Consellería enviou ao IES Antonio Fraguas un profesor sustituto.

Alfonso de la Santísima Trinidad xa realizara con anterioridade outros programas de formación similares, con estancias en Braga e Porto nos anos 2008 e 2017.

O IES Antonio Fraguas oferta a lingua portuguesa como 2ª lingua estranxeira dende o ano 2016, tendo na actualidade grupos de alumnado que a cursan nos catro niveis da ESO. Ademáis, dende o pasado curso 2018-19 acude ao centro unha persoa auxiliar de conversa, gracias a un acordo entre a Consellería e o Instituto Camoes de Portugal.

 

 

 

 

Planos do centro

LIBROS DE TEXTO

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Prazos reclamación CURSO 22-23

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos