You are hereVisita á exposición matemática RSME-IMAGINARY
Visita á exposición matemática RSME-IMAGINARY
Na primeira quincena de maio, varios grupos do IES Antonio Fraguas visitaron a exposición matemática RSME-IMAGINARY, instalada na igrexa da Universidade de Santiago. Esta exposición achegounos ás figuras xeométricas, ás súas ecuacións e á súa sorprendente semellanza coa realidade. Noutra parte da exposición descubrimos O sabor das matemáticas, as ecuacións que rexen algúns dos pratos máis suculentos que podemos atopar en restaurantes. Por último, puidemos probar a construír as nosas propias figuras e entender as súas propiedades en varias pantallas interactivas.