You are herePREMIOS DO CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS 2012
PREMIOS DO CERTAME DE TEATRO INTERCENTROS 2012
Os nosos grupos de teatro Tantometén e ArtiXtas, revalidaron o seu éxito do ano pasado no Certame Intercentros. O primeiro premio recaeu no Musical Cantiga da Rúa, interpretado polo alumnado de Bacharelato de Artes Escénicas.
O segundo premio e mención especial do xurado acadouno o grupo Tantometén co seu drama Presas e baixo a impecable dirección de Gustavo G. Dieste.
Noraboa a todos.
O luns 21 de maio ás 20.00 horas, no Teatro Principal grande estrea do Musical gañador, ¡non volo perdades!. Entrada gratuita ata completar o aforo.