PETICIÓN DE CERTIFICADOS

Por mor da situación sanitaria actual, e co fin de evitar dentro do posible a afluencia de persoas ao centro, as solicitudes de certificados faranse telematicamente.

No apartado de secretaría hai un modelo de petición de certificados que deberedes cubrir e enviar por correo electrónico tal e como se indica. 

CALENDARIO DE SETEMBRO: BOLETINES DE NOTAS - MATRÍCULA - DEVOLUCIÓN DE LIBROS

Neste arquivo pódense ver datas de entrega de boletines, matrícula e as datas para a devolución dos libros do fondo de libros. 

AULAS PARA A REALIZACIÓN DOS EXAMES NA CONVOCATORIA DE SETEMBRO

Debido á situación sanitaria actual, os exames de setembro realizaranse nas aulas que se indican a continuación para facilitar a súa limpeza e desinfección. 

É OBRIGATORIO O USO DA MÁSCARA E MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE.

INFORMACIÓN PARA 2º BACHARELATO NA CONVOCATORIA DE SETEMBRO

En caso de presentarse unha reclamación en 2º bacharelato, neste documento indícanse as datas dos diferentes pasos a seguir.

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Na orde do 13 de xullo de 2020 se convocan os premios extraordinarios de ESO no curso 2019-2020. 

O prazo remata o 21 de agosto de 2020

HORARIO NO MES DE AGOSTO

O centro permanecerá aberto en horario de 10:00 a 12:30 no mes de agosto.

MATRÍCULA DE SETEMBRO PARA O CURSO 2020-2021

Os días de matrícula para o alumnado da convocatoria de Setembro será do día 4 ao 10 de Setembro ambos inclusives.

EXAMES DE SETEMBRO DO CURSO 2019-2020

Premer aquí para ver os horarios de exames de Setembro que terán lugar o día 1 e 2. Así mesmo, recórdase a obligatoriedade de traer mascarilla para facer os exames.

AVISO SOBRE O FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2020-2021

O alumnado ao que se lle adxudiquen 6 libros na listaxe de FONDO DE LIBROS, correspóndelle un vale de material por valor de 50 euros que poderán pasar a recoller polas oficinas do centro a partir do 20 de xullo.

Distribuir contido