8M no IES
Para conmemorar o 8 de Marzo, Día das Mulleres, traballaremos nas aulas os COIDADOS COMPARTIDOS, con materiais que convidan ao debate e á reflexión.
Na entrada do IES pode atoparse toda a información e unha pequena exposición de libros da biblioteca sobre Feminismo e Coidados.
No apartado do COMANDO IGUALDADE pode atoparse máis material relacionado.
Vai un ficheirdo adxunto PDF coa información das actividades nas aulas.
PROCESO DE ADMISIÓN PARA Ó CURSO 2021-2022
O luns 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza neste centro. O calendario das distintas fases da devandita solicitude móstrase aquí.
CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E SUPERIOR DE F.P. CONVOCATORIA 2021
No seguinte enlace aparece todo o referente ao calendario das probas na convocatoria de 2021.
CAMPAÑA "CARTAS DE AAMOR DIVERSO"
Este 14 de Febreiro o COMANDO IGUALDADE lanza a campaña "CARTAS DE AMOR DIVERSO" para falar do amor a nós mesm@s e visibilizar todas as maneiras de amar. Se queres participar escribe unha mensaxe e achégala aos buzóns que atoparás nas entradas do IES.
Nota informativa ANPA
No apartado de Pais/Nais, en avisos, pode consultarse a nota informativa emitida polo ANPA.
Tamén vai adxunto nesta entrada o ficheiro PDF coa nota.
