NOVO PRAZO DE ADMISIÓN DO ALUMNNADO

Aberto o prazo de admisión de alumnado a partir do luns 11 de maio. No documento que se adxunta móstranse os novos prazos marcados pola Consellería de Educación.

ESPAZO ABALAR

Infórmase de que no seguinte documento ponse ao dispor de todos os interesados toda a información relativa da aplicación Abalar para a súa descarga e o seu manual de uso. 

Esta aplicación será a maneira de recibir as notas da segunda avaliación.

PECHE DO CENTRO

Debido ás últimas instrucións do goberno, infórmase que o centro permanecerá pechado a partir de hoxe, 30 de marzo de 2020, ata nova orde.

As comunicacións co centro faranse a través do correo electrónico ies.alexandre.boveda@edu.xunta.gal

POSIBLES CAMBIOS NA DOCENCIA ONLINE

Fíxose chegar algunha modificación nos contactos anteriormente subidos á web. Por tanto, ínstase a verificar de novo nesta ligazón o modo de comunicación entre profesor e alumno.

CERTAME DE POESÍA E PROSA DESDE O DEPARTAMENTO DE GALEGO

Desde o departamento de galego convócase un certame de poesía e prosa para darlle continuidade ás actividades anuais.

INFORMACIÓN DE DOCENCIA ONLINE

Achégase documento informativo no cal aparecen os medios de comunicación entre os profesores e alumnos. 

INFORMACIÓN XERAL

 Infórmase  á  comunidade educativa de que ou centro, a efectos administrativos, permanecerá  pechado durante a  corentena. 

INFORMACIÓN REFERENTE A AULA VIRTUAL

Para o alumnado que non saiba acceder a aula virtual do centro, adxúntase ficheiro coas instruccións para poder facelo.

CIRCULAR INFORMATIVA

Debido aos acontecementos das últimas horas ínstase a ler a seguinte circular de carácter informativo.

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021

Para a solicitude de praza en lingua galega, prema aquí.

Para a solicitude de praza en castelán, prema aquí.

Distribuir contido