Proxecto premiado no concurso Atrévete a ter unha idea 23/24: "Zapas como novas"

Entre os estudantes que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional acaba de recoñecer pola súa participación no concurso Atrévete a ter unha idea, enmarcado no plan Eduemprende, está a alumna Violeta Rodríguez Fernández, de 1º ESO A, autora de ZAPAS COMO NOVAS, unha das doce iniciativas de toda Galicia gañadoras do concurso Atrévete a ter unha idea na súa categoría, Secundaria individual.

O obxectivo deste programa é darlles a coñecer aos alumnos o tecido industrial da súa contorna e conseguir que desenvolvan competencias persoais e sociais relacionadas co emprendemento.

Parabéns, rapazada, pola participación no programa! Boa maneira de rematar o curso!

 

Se non consegue ver o vídeo, prema na ligazón Zapas como novas.

 

 

 

 

 

 

O Besbello Saltón 2024

Acaba de se publicar o novo número da revista do centro O Besbello Saltón

 

Curtametraxe premiada en Olloboi'24

A curtametraxe Somnia Somniavit, realizada por alumnado de 2º de Bacharelato de Artes Escénicas, foi premiada no certame Olloboi'24

 Créditos:
- Elena Alonso Costas
- Ginés Amoedo Alén
- Alba Pérez Villa
- Aline López Rasoanirina

Somnia Somniavit

 

 

Distribuir contido