COMO CONECTARSE ÁS CHARLAS ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN PARA PAIS E NAIS QUE SE CELEBRARÁN NOS VINDEIROS DÍAS

Para conectarse as charlas organizadas polo departamento de orientación, e despois de seren invitados ás mesmas via abalar, teñen a información neste enlace.

HORARIO DO CENTRO EN SEMANA SANTA

O horario de apertura do centro o luns 29, martes 30 e mércores 31 de marzo será de 10 a 12 horas.

APERTURA DE ADMISIÓN EN PROCEDEMENTO "FORA DE PRAZO"

Unha ver rematado o procedemento ordinario do proceso de admisión, ábrese o procedemento “Fóra de prazo” desde o 23/03/21 ata o 18/05/21 ámbolos dous inclusive.

A documentación a presentar indícase neste arquivo.

8M no IES

Para conmemorar o  8 de Marzo, Día das Mulleres, traballaremos nas aulas os COIDADOS COMPARTIDOS, con materiais que convidan ao debate e á reflexión.

Na entrada do IES pode atoparse toda a información e unha pequena exposición de libros da biblioteca sobre Feminismo e Coidados.

No apartado do COMANDO IGUALDADE pode atoparse máis material relacionado.

Vai un ficheirdo adxunto PDF coa información das actividades nas aulas.

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA Ó CURSO 2021-2022

O luns 1 de marzo ábrese o prazo para solicitar praza neste centro. O calendario das distintas fases da devandita solicitude móstrase aquí

CALENDARIO DE PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E SUPERIOR DE F.P. CONVOCATORIA 2021

No seguinte enlace aparece todo o referente ao calendario das probas na convocatoria de 2021.

CAMPAÑA "CARTAS DE AAMOR DIVERSO"

Este 14 de Febreiro o COMANDO IGUALDADE lanza a campaña "CARTAS DE AMOR DIVERSO" para falar do amor a nós mesm@s e visibilizar todas as maneiras de amar. Se queres participar escribe unha mensaxe e achégala aos buzóns que atoparás nas entradas do IES.

 

CARTEL COMANDO

Nota informativa ANPA

No apartado de Pais/Nais, en avisos, pode consultarse a nota informativa emitida polo ANPA.

Tamén vai adxunto nesta entrada o ficheiro PDF coa nota.

Distribuir contido