Un "Guernica" especial para o Raíces
Se fai uns días falábamos do cambio de imaxe da antrada ao noso edificio principal coa instalación duns fragmentos en color da obra picassiana, hoxe, mostrámos outra versión a tamaño prácticamente real, conformada por 21 panéis de madeira e con unha lonxitude de 7 metros. A labor, neste caso monitorizada pola profesora Carmen Senande, foi levada a cabo por alumnos de 1º e 2º de Bacharelato e ten unha estética policromática pero moito máis atenuada, recordando máis á obra orixinal. A ubicación nunha das fachadas do antiguo Raíces, na zona exterior do salón de actos, permite dignificar a antigua edificación ademáis de unha integración estética e espacial cas partes máis novas do noso centro. Un traballo artísitico excepcional digno de admirar. Grazas ás profesoras e os alumnos de debuxo que, nestes últimos días, agasalláronos con dous traballos realmente impresionantes.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
alumnos guernica.JPG | 2.3 MB |
guernica mural.jpg | 4.68 MB |