Skip to Content

VIAXE A LONDRES DO ALUMNADO DE 4ºESO

Dezaoito alumnos de 4ºESO do IES Agra de Raíces de Cee xunto coa profesora Ana Belén Burgos e o profesor Pedro Márquez, fixeron unha viaxe a Londres dende o 1 ata o 6 de marzo, xusto despois do antroido. Nesa semana fixeron unha morea de saídas e visitas, coma ao museo de Londres, ao Tate Modern, o cambio da garda de Buckimgham Palace, ao Big Ben do Parlamento, á mítica London Eye, Covent Market, á Torre de Londres, un cruceiro ata Greenwich, aos museos de ciencia natural e de historia, Hyde Park, Harrods, etc.

Unha vez rematadas as visitas obrigadas, os rapaces e rapazas desfrutaron do ambiente londinense recorrendo as famosas rúas e prazas como Picadilly, Trafalgar Square, China Town, Soho, Oxford Street. Tamén aprenderon a moverse por Londres en transporte público. En definitiva, uns momentos inolvidables para desfrutar e convivir.

 



page | by Dr. Radut