Skip to Content

CLUB DE LECTURA "LIBROS COMA AREA"

O IES Agra de Raíces conta cun club de lectura, chamado "Libros coma area", coordinado por varios profesores e que leva funcionando cinco cursos e consta de varios subgrupos en función do nivel do alumnado que participa.

Este curso comezará a funcionar o venres 14 de outubro, nunha reunión inicial no segundo recreo. Dende o centro animamos a todo o alumnado a que participe.

Además da lectura preténdese facer actividades como asistencia a teatro ou cine, encontros con escritores ou escritoras, actividades conxuntas co club de lectura de IES "Fin do Camiño" de Fisterra, etc.

Podedes seguir as actividades do club no blog www.libroscomaarea.blogspot.com

Resultado de imagen de libros



page | by Dr. Radut