Skip to Content

Renovación do proxecto educativo "Natación na escola"

Esta pasada semana vense de asinar outro curso máis o proxecto educativo "Natación na escola" que permite aos alumnos e alumnas de 4º de ESO acudir á piscina nun trimestre do curso na materia de Educación Física. Neste proxecto colabora a empresa concesionaria da piscina, o concello de Cee, a empresa Ferroatlántica e cada centro educativo.

A Comunidade Educativa do IES Agra de Raíces expresamos aquí os nosos agradecementos ó concello e ás empresas colaboradoras por facer posible este proxecto desexando que siga tendo continuidade cada ano escolar.

Na prensa.



page | by Dr. Radut