O pasado 27 de Outubro, o alumnado de 4º da ESA da quenda de mañá visitou varios lugares de interese da cidade acompañados das profesoras dos departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Castelá e Lingua Galega; ademáis, contaron coas explicacións de Marcos Pardos, guía da parte histórica.
O obxectivo era conmemorar o día das bibliotecas e, para elo, fíxose un percorrido guiado polos monumentos da cidade obra do arquitecto modernista Daniel Vázquez-Gulías, que deixou unha fonda pegada en Ourense. Tamén se visitou a biblioteca pública "Nós" así como o claustro e o cemiterio de San Francisco no que están soterradas figuras ilustres das nosas letras com Otero Pedrayo ou Blanco Amor.