Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Solicitude becas

Podedes solicitar dous tipos de becas e/ou axudas para as distintas ensinanzas que se imparten na nosa escola:

  • Beca xeral para estudios non universitarios (Bacharelato): Solicitude telemática polo interesado desde o 19 de marzo ata o 10 de maio. Para máis información preme no seguinte enlace

 

  • Axudas de apoio educativo: [Pendente de publicar curso 24/25] Estas axudas están dirixidas a persoas que presentan unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións: discapacidade, trastorno grave de conducta ou da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista e altas capacidades. A convocatoria para o curso 2023-2024 publicouse o 26 de abril de 2023 e poden solicitarse as axudas desde o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023. Para máis información contactar co departamento de Orientación do centro. 

 

Tamén están convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24. Para máis información acude a este enlace[Pendente de publicar curso 24/25]



page | by Dr. Radut