Skip to Content

Día de Rosalía

 

BASES DO CONCURSO “DÍA DE ROSALÍA”

1. Participantes: Aberto a todo o alumnado e ex-alumnado da escola (EOI Monforte e Sección de Chantada).

2. Datos persoais necesarios: Nome (se queres un seudónimo), curso, grupo e teléfono.

3. Enviar una pintura ou deseño gráfico relacionado con Rosalía de Castro ao correo: eoimonforte@gmail.com

4. Premio: A pintura ou deseño seleccionado será premiado cun agasallo relacionado coa autora.

5. Xurado: Equipo directivo e Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

6. Prazo de entrega: Ata o 24 de febreiro de 2021.

7. Publicación dos/as premiados/as: 26 de febreiro de 2021.

8. Ao participar, o alumnado autor da pintura ou do deseño, cede á Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos o dereito de difundir ou publicar esa información total ou parcialmente no medio que considere oportuno, sempre citando ao autor/a (ou seudónimo se así o preferise), o seu curso e grupo.

9. A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do xurado.



page | by Dr. Radut