Envía o teu relato de terror en inglés a eoimonforte@gmail.com co teu nome, curso e grupo.
Bases do Concurso de Relatos de Halloween
- Participantes: Aberto a todo o alumnado da escola (EOI Monforte e Sección de Chantada)
- Datos persoais necesarios: Nome, curso e grupo (e se queres un seudónimo)
- Idioma dos relatos: Inglés
- Extensión: Máximo 120 palabras
- Temática: Relatos de terror
- Premio: Tres vales de 25€ para mercar libros nunha librería da contorna, un vale por nivel (A / B /C)
- Xurado: Departamento de inglés da escola
- Prazo de entrega: Ata o 9 de novembro de 2020
- Publicación dos relatos premiados: 16 de novembro
- Ao participar, o alumnado autor das obras cede a Escola Oficial de Idiomas de Monforte de Lemos o dereito de difundir ou publicar o relato total ou parcialmente no medio que considere oportuno, sempre citando ao autor/a (ou seudónimo se así o preferise) e o seu nivel.
- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a conformidade coas decisións do xurado