50 aniversario da EOI da Coruña - O cincuentenario

Nesta páxina iremos engadindo noticias e actividades de celebración do cincuentenario da EOI da Coruña.

Concerto dos Elvis Players en conmemoración do cincuentenario da EOI 24 de abril 2024
Clica na imaxe para visitar a galería de fotos e videos do concerto.

galería de imaxes


Acto de celebración do cincuentenario da EOI 10 de abril 2024
Clica na imaxe para visitar a galería de fotos do acto.

galería de imaxes


Exposición fotográfica e de máquinas na entrada da EOI.
Clica na imaxe para visitar a galería de fotos da exposición.

Galería de fotos


Mural conmemorativo do cincuentenario por Vicente Corzo
Escoita a descripción do mural polo seu autor neste video:

O mural retrata a evolución da sociedade desde a fin da Guerra Civil ata os nosos días.

Na sección á esquerda podemos ver os restos da destrución da guerra nos terreos preto da Torre de Hércules na década dos 50. As pontes representan os primeiros proxectos de infraestruturas do réxime, mentres que a publicación de libros reflexa pequenos avances culturais. Con todo, baixo este verniz de progreso, a vixilancia social e a distracción través do fútbol, forzada como se entrase por un funil, serven como recordatorios do control autoritario da dictadura.

Na parte central do mural están os idiomas que se imparten no centro e, a continuación, podemos ver un retrato da década dos anos 60, na que aparecen a radio, avanza a construcción, fanse encoros, crecen as colleitas de trigo para facer pan, aumenta o uso dos barcos recreativos e empeza a haber máis aprecio pola natureza. Todo isto suxire avances no medio da pobreza e fame persistentes.

No lado dereito do mural, o motivo do karma e a inclusión do número da lotería deste ano invitan á reflexión sobre a natureza da fortuna na vida. A pesar do progreso social, o sentimento de tristeza ante as desigualdades se mestura coa alegría polos avances.


O cincuentenario nos medios de comunicación (Clic nas imaxes para abrir as publicacións)
El Ideal Gallego 19.1.2024
 La Opinión 21.1.2024
Voces de A Coruña en x.com 6.2.2024
La Voz de Galicia 7.2.2024

La Opinión 1.3.2024

La Voz de Galicia 24.3.2024

 

 Radio Coruña Cadena SER 6.3.2024

Concello da Coruña en x.com 10.4.2024

 La Opinión 11.4.2024

La Voz de Galicia 11.4.2024