50 aniversario da EOI da Coruña - A nosa historia

Breve historia da Escola Oficial de Idiomas da Coruña

A Escola Oficial de Idiomas da Coruña, creada xunto coas de Alacante, Málaga e Zaragoza por decreto do Ministerio de Educación e Ciencia de España en decembro de 1968, foi a primeira de Galicia. A nosa escola foi inaugurada o dia 19 de xaneiro de 1974. Nese curso 1973/74 comezaron a impartir clases 21 profesoras e profesores nunha sede única situada no Instituto Ramón Menéndez Pidal (Zalaeta).

As primeiras linguas que se impartiron desde a creación da EOI foron o inglés e francés e a matrícula custaba 500 pesetas. Aínda no edificio do instituto de Zalaeta, comezaron a impartirse clases de español no curso 1974/75, galego no curso 1977/78 e alemán ao curso seguinte, 1978/79.

O ensino de idiomas en Galicia, orixinalmente competencia do Estado, en 1981 pasa a ser competencia da comunidade autónoma galega porque así o establece o artigo 31 do Estatuto de Autonomía de Galicia. En 1985 a escola trasladouse ao edificio actual, que foi deseñado polo arquitecto Andrés Fernández Albalat, na rúa da Educación, no distrito coñecido como Cidade Escolar.

No curso 1985/86 seguimos ampliando o abano de linguas co italiano, seguido polo ruso desde o 1986/87 e o portugués desde o 1989/90. Algúns anos despois, comezou a súa andaina o departamento de árabe, no curso 1999/2000. As máis recentes incorporacións son as dos departamentos de chinés e xaponés, desde 2007/08.

A EOI tamén creceu xeográficamente coa creación das seccións de Carballo en 2004, Cee e Culleredo en 2007 e Arteixo en 2013.


Noticias sobre a EOI na prensa

En construción


Noticias sobre o comezo do curso 1973-74 de La Voz de Galicia e El Ideal Gallego


Noticia da inauguración da EOI da Coruña o 19.1.1974 no "Boletín de Información Municipal Año XI enero-junio 1974" 

portada do boletín de información do concello da Coruña páxina do Boletín de información municipal
*Onde di Manuel Castelo Montero debería dicir Miguel Castelo Montero.

Noticias da inauguración da Escola Oficial de Idiomas da Coruña na sección Hace 50 años de El Ideal Gallego
el ideal gallego 19.1.2024

Percorrido histórico pola historia da institución desde a creación da primeira Escola Oficial de Idiomas en Madrid en 1911