Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Responder ó comentario

CONTOS EN CUEIROS: 27 DE XANEIRO ÁS 18:00

O próximo venres 27 de xaneiro ás 18 horas, na Biblioteca Municipal de Gondomar, poderemos disfrutar dunha nova sesión de Contos en Cueiros para acompañar aos nenos e nenas de 0 a 3 anos no seu inicio coa lectura. Nesta ocasión "Xogamos coa lúa" e contaremos contos ao redor deste corpo celeste. 

 

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde.

 

Criterios de inscrición:

 

Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

 

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

 

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 25 de xaneiro a contosencueiros@gmail.com e facilitar:

 

o nome do bebé

o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2020 ou despois

o nome da persoa adulta que o vai acompañar

un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)

en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

 

Animádevos a participar!

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
7 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.


by Dr. Radut