Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Responder ó comentario

contos en cueiros: 17 de xuño

Prezadxs usuarixs de Contos en Cueiros: 

O próximo venres 17 de xuño ás 18 horasna Biblioteca Municipal de Gondomarpoderemos disfrutar da derradeira sesión desta tempada dirixida aos máis pequenos da casa. Nesta ocasión "Contamos e cantamos de novo en Contos en Cueiros" para os nenos e as nenas de 0 a 3 anos.

A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala. A entrada será, coma sempre, de balde e cumprindo coas medidas sanitarias de seguridade.

Criterios de inscrición

Contamos cun aforo limitado a 25 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes:

– Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición.

– Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 15 de xuño contosencueiros@gmail.com e facilitar:

 

  • o nome do bebé
  • o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2018 ou despois
  • o nome da persoa adulta que o vai acompañar
  • un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera)
  • en caso de ser socios/as, o nome do socio/a

– Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. 

– Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición).

Animádevos a participar!

Un saúdo.

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
5 + 9 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.


by Dr. Radut