Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Responder ó comentario

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA PROPOÑÉMOSVOS INVENTAR UN POEMA ENTRE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVAE... QUE É A POEMA?

ESCOITA ESTE FERMOSO CONTO E AXUDARACHE A DESCUBRILO:

" UN POEMA PARA CURAR A LOS PECES " DE JEAN-PIERRE SIMEON

AGORA SEGURO QUE XA O TES MAIS CLARO, POIS DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN, XOGA COAS PALABRAS, FAI QUE SOEN, QUE PAREZA UNHA CANCIÓN...

LE A PRIMEIRA FRASE DO POEMA E INVENTA A SEGUNDA FACENDO UN PAREADO. FAREMOS 3 POEMAS, UN EN CADA AULA E O RESULTADO FINAL EXPORÉMOLO NA CORTIZA DE BIBLIODUNAS E MÁIS NA PÁXINA WEB.

 

O POEMA DOS NENOS DE 3 ANOS  COMEZA ASÍ:

GÚSTAME A RATIÑA LOLA...

( Agora continúa ti. Podes axudarte das seguintes palabras, ou elexir outras. As palabras son: MOLA, SOA, BOLA, OLA, VIOLA, COLA )

O POEMA DOS NENOS DE 4 ANOS  COMEZA ASÍ:

DISQUE EN PANXÓN...

( Agora continúa ti. Podes axudarte das seguintes palabras, ou elexir outras. As palabras son:TROMBÓN, DRAGÓN, MEXILLÓN, CAIXÓN, PREGUNTÓN, CABEZÓN )

 

O POEMA DOS NENOS DE 5 ANOS COMEZA ASÍ:

QUE É PARA TI A POESÍA?

( Agora continúa ti. Podes axudarte das seguintes palabras, ou elexir outras. As palabras son:CHOVÍA, FLORERÍA, VÍA, RÍA, TÍA, DEFINÍA )

 CANDO TEÑAS O TEU PAREADO ENVÍAO AO SEGUINTE ENDEREZO:

ycolmenero@edu.xunta.gal

O PRAZO REMATA O MÉRCORES 24 DE MARZO

E SE ADEMAIS DE ENVIAR O PAREADO QUERES ENVIARNOS UN VÍDEO RECITÁNDOO

TAMÉN PODES! DESPOIS COLGARÉMOLO NA PÁXINA WEB

GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN,

E A FACER POESÍA... QUE ILUSIÓN!

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
2 + 2 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.


by Dr. Radut