Skip to Content

PLURILINGÜE

        

 

 

 

Responder ó comentario

NORMAS DE PROTECCIÓN E HIXIENE PARA O ACCESO AO CENTRO

ESTIMADAS FAMILIAS:

NESTAS SEMANAS ESTANSE A LEVAR A CABO DIFERENTES ACCIÓNS NA ESCOLA QUE IMPLICAN O ACCESO DE DIFERENTES MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA Á MESMA: DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BILIOTECA, DE MATERIAL ESCOLAR, FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA, SOLICITUDE DOS SERVIZO DE COMEDOR E TRANSPORTE, ETC.

CÓMPRE SINALAR QUE, POLO BEN DE TODAS E TODOS, DEBEMOS CUMPRIR UNHAS NORMAS, DE CONFORMIDADE CO ESTABLECIDO NA ORDE SND/339/2020 DO 9 DE MAIO E COS DOCUMENTOS ENVIADOS POLOS MINISTERIOS DE SANIDADE E EDUCACIÓN.

ASÍ, AS NORMAS DE PROTECCIÓN E HIXIENE PARA O ACCESO AO CENTRO, SERÁN AS SEGUINTES:

 

  • Non poderá acceder ao centro ningunha persoa con febre ou síntomas compatibles coa COVID-19.

  • Para as xestións no centro deben axustarse ás datas sinaladas e ás citas concedidas e tentar ser puntuais para evitar coincidir moitas persoas.

  • As persoas deberán levar posta unha máscara e usar o hidroxel sito na entrada.

  • Se veñen acompañados de menores, estes deberán permanecer en todo momento baixo a vixilancia do responsable ao seu cargo, impedindo o xogo no recinto.

  • Se nalgún momento no que se chega ao centro, hai xente que está sendo atendida nese intre, débese agardar no patio e sempre respectando a distancia mínima de 2 metros entre persoas.

  • A permanencia no centro será a mínima imprescindible para as xestións necesarias.

MOITAS GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

 

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
4 + 3 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.


by Dr. Radut