Responder ó comentario
PSICOMOTRICIDADE NA CASA
DESPOIS DUNS DÍAS DE DESCANSO, RETOMAMOS AS ACTIVIDADES NA WEB, E ENTRE ELAS, A PSICOMOTRICIDADE!
A proposta de hoxe vén chea de animais, así que comezamos quentando o noso corpiño coa cantiga “El cha cha cha del cocodrilo” Lembrade que de cada vez que repetimos a cantiga non dicimos un animal!! que niguén se equivoque!!!! A cativada do cole coñece moi ben esta cantiga e desfruta moitísimo con ela, a excepción de 4º EI, que nunca a bailamos, pero penso que agora xa están preparados para facelo. Seguide os xestos coa axuda do vídeo e a desfrutala xuntos, maiores e peques!! (Premede no título da cantiga para ver o vídeo).
Os xogos de hoxe están encamiñados a mellorar a psicomotricidade grosa, fortalecendo a musculatura de pernas e brazos, reforzando o equilibrio e aumentando a resistencia cardiovascular.
Xogamos a desprazarnos como animais. Atentas e atentos ás instrucións:
-
Saltos de coello: de pé cos pés xuntos, mantendo a espalda recta. Dobla os xeonllos e leva as mans á cabeza formando a orelliñas. Salta cos dous pés avanzando, retrocedendo e de lado a lado.
-
Rastreos de oso: Ponte a catro patas coas mans separadas ao ancho dos hombreiros e as cadeiras elevadas, non tocamos o chan cos xeonllos. Percorremos o corredor da casa rastreando. Coidado, pode quedar algún coello despistado que o oso queira papar!!
-
Camiña coma o parrulo: Coloca os pés lixeiramente separados, doblando os xeonllos nunha posición de sentadilla. Coloca os brazos no interior das pernas, sostendo o nocello equerdo coa man esquerda e o nocello dereito coa man dereita. Camiña así cara adiante e cara atrás.
-
Paso de cangarexo: séntate no chan cos pés apoiados. Coloca as mans planas no chan lixeiramente detrás do corpo. Cos xeonllos dobrados eleva as cadeiras e agora camiña cara atrás.
Se os adultos acompañamos á cativada facendo con eles os movementos, a actividade resultará moito máis divertida e así os maiores tamén facemos algo de exercicio. Así que a divertirse familia!!!
Non esquezades rematar a sesión relaxándovos cunha música tranquila, que pode ser esta, por exemplo: “Durme meu neniño” do libro cd de Cé Orquestra Pantasma “Os fíos do querer”:
Adxunto | Tamaño |
---|---|
durmemeunenino.wav | 17.19 MB |