CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ

 

Durante o curso escolar 2007-2008 recibimos información sobre a campaña “O Nome tamén educa. Coeduquemos desde o Nome”. Tratábase de convidar a toda a comunidade educativa a pórlle ao centro escolar o nome dunha muller, especialmente o daquelas que estivesen vencelladas co entorno social do alumnado correspondente.

 Consuelo González Martínez foi quen de gardar no seu diario colleitas da tradición oral galega. Foi testemuño de acontecementos moi importantes na vida política do noso país e nestes tempos de entrega colectiva á recuperación da Memoria Histórica tería moito que contar. Lectora incansable nun entorno moi pouco alfabetizado, interesouse por aprender e transmitir os seus coñecementos. Colaborou coas escolas contando contos e comunicando o seu saber a nenas e nenos, labor que lle foi recoñecido no C.E.P. de Riomaior a través do Libro en Homenaxe a Lelita, o seu nome familiar. Ela, como outras mulleres do noso entorno, é merecedora de prestar o seu nome a un centro educativo. Consuelo González  Martínez constitúe un símbolo da memoria feminina que serve de vínculo entre o seu pasado e o presente conformado polas nenas e nenos do nosos centro e crea así o futuro do noso pobo    Lelita