Normalización e Dinamización Lingüística

CONSUELO GONZÁLEZ MARTÍNEZ

 

Durante o curso escolar 2007-2008 recibimos información sobre a campaña “O Nome tamén educa. -Coeduquemos desde o Nome”. Tratábase de convidar a toda a comunidade educativa a pórlle ao centro escolar o nome dunha muller, especialmente o daquelas que estivesen vencelladas co entorno social do alumnado correspondente. 

Pasados dez anos desde que o noso centro foi nomeado como "Consuelo González Martínez " vémonos na necesidade de achegar á comunidade educativa, a biografía da veciña de Vilaboa homenaxeada.

 

Por que  Consuelo González Martínez ?

 

 Consuelo González Martínez foi quen de gardar no seu diario colleitas da tradición oral galega. Foi testemuña de acontecementos moi importantes na vida do noso país e nestes tempos de entrega colectiva á recuperación da memoria histórica tería moito que contar. Lectora incansable nun entorno moi pouco alfabetizado, interesouse por aprender e transmitir os seus coñecementos. Colaborou coas escolas contando contos e comunicando o seu saber a nenas e nenos, labor que lle foi recoñecido no C.E.P. Plurilingüe de Riomaior a través do Libro "Lembranzas" nun Homenaxe a Lelita, o seu nome familiar. Ela, como outras mulleres do noso entorno, é merecedora de prestar o seu nome a un centro educativo. Consuelo González  Martínez constitúe un símbolo da memoria feminina que serve de vínculo entre o seu pasado e o presente conformado polas nenas e nenos do nosos centro e crea así o futuro do noso pobo.

 

Grazas ao CEP Plurilingüe de Riomaior, podemos dar a coñecer a súa biografía e recompilación de textos de orixe popular.

 LEMBRANZAS

 
 
 
 

PROXECTO LINGÜÍSTICO

 

Achegámosvos o Proxecto lingüístico do centro do curso 2018/2019 para que quen o desexe o poida consultar.

 

 

Solicitado Programa Plurilingüe: PLURINFANTIL 2019/20.

ACCEDE AO PROXECTO PLURINFANTIL

 

 

Distribuir contido