ANPA
FAITE SOCIO/A DA ANPA. INSCRÍBETE NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2019 2020
POR QUÉ SER SOCIOS DA ANPA?
- Porque é a nosa responsabilidade educar @s nos@s fillos e fillas.
- Pola necesidade de estar unid@s á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
- Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar e servimos de -enlace entre o profesorado e @s nais e pais.. Pola importancia de levar aos consellos escolares a presencia d@s nais e pais organizad@s nas ANPA's para defender os intereses colectivos.
- Porque a ANPA debe traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións.
- Porque colaboramos na organización das festas tradicionais da nosas contorna, como o festival de Nadal.
- Porque temos a posibilidade de organizar excursións e visitas variadas que axuden na educación da comunidade escolar e propician a convivencia desta comunidade.
- Porque organizamos actividades extraescolares na nosa zona e a prezos razoables.
- Porque a cota de soci@ só se paga unha vez ao ano e por familia (non importa o número de nenos ou nenas que se teñan escolarizad@s)
Lembrade que a directiva da ANPA non somos profesionais, intentamos facelo o mellor posible para que @s nos@s fillos e fillas teñan actividades variadas e de calidade. Polo que é preciso a colaboración de tódol@s nais e pais.
Este curso precisamos a vosa colaboración para seguir adiante con este proxecto común. Moitos dos pais e nais que ata agora formaban parte da ANPA déixannos porque os seus fillos rematan a educación infantil, polo que precisamos novas incorporacións. Moitas grazas.
DESCARGAR FORMULARIO INSCRIPCIÓN SOCIO/A ANPA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
MATERIAL ESCOLAR 2019 2020
Como cada ano a ANPA “Os Pequenos” do CRA de Vilaboa quere axudarvos e facilitarvos todo o relacionado coa adquisición do material escolar que precisarán as vosas fillas e fillos nas escolas.
Como asociación encargámonos de mercar o material necesario en cada momento (papel, pinturas, pegamentos...) e poñelo a disposición das nenas e nenos en cada unha das cinco escolas do CRA.
E, ¿que tedes que facer vós como familias?