Novidades

NOVOS FONDOS

MIRADE CANTOS CONTOS NOS ACABAN DE CHEGAR!!!!

SEGUIMOS TRABALLANDO PARA REORGANIZAR, ACTUALIZAR E CATALOGAR TODOS OS NOSOS FONDOS.

VENRES DE ALUCINE (FEBREIRO)

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

(24 DE FEBREIRO) 

 
 
 

MÁISSSS NOVIDADESSSS

E....CHEGAN MÁIS NOVIDADES!

NESTE CASO, DENDE A MATERIA DE LINGUA ESTRANXEIRA: INGLÉS!!!! TODOSSSS ESTES CONTOS PARA APRENDER E PRACTICAR O IDIOMA! SEGUIMOS CATALOGANDO E TRABALLANDO NAS TAREFAS DE ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA!! 

VENRES DE ALUCINE (XANEIRO)

As curtametraxes e as películas axúdannos a transmitir multitude de ideas, e con elas valores importantes como a amizade, a tolerancia, o respecto ...

Nesta selección que fixemos, propoñémosvos varias películas e curtametraxes onde se transmite o valor da paz.

Esperemos que vos gusten.

Un saúdo.

 

NOVAS

VOLTAMOS DAS VACACIÓNS CON MÁIS GANAS QUE NUNCA!!!! AQUÍ TENDES ALGUNHA DAS NOVIDADES DA BIBLIOTECA....PERO IREMOS SUBINDO MÁIS NO APARTADO DE NOVIDADES DESTE BLOG. ESTAMOS TRABALLANDO PARA CATALOGAR E ORGANIZAR TODOS OS NOVOS FONDOS E QUE ESTEAN DISPOÑIBLES O ANTES POSIBLE! 

VENRES DE ALUCINE (DECEMBRO)

 

Ola familias:

 Estamos aquí de novo coa nosa sección de “Venres de Alucine”. Este mes dedicarémosllo ao Nadal, ese tempo tan máxico onde todos os nosos soños fanse realidade.

Na primeira imaxe deixámosvos unhas curtametraxes relacionadas co Nadal e na segunda imaxe tedes os tráileres de tres películas que vos recomendamos ver cos vosos/as fillos/as nestas vacacións.

Agardamos que vos gusten.

BO NADAL!!

 

 

VENRES DE ALUCINE (NOVEMBRO)

Ola familias:

Esta semana celebramos o día internacional contra a violencia de xénero, polo que consideramos importante traballar xuntos, tanto os docentes como as familias, para romper cos estereotipos e promover a igualdade de xénero tanto na escola como na sociedade.

Nesta sección recomendámosvos algunhas películas (na primeira imaxe) e contos infantís (na segunda imaxe), que nos axudan a romper con estes estereotipos e favorecen a transmisión de valores de respecto, tolerancia e igualdade entre homes e mulleres.

Xa sabedes que podedes acceder a eles premendo nas iconas das imaxes.

#BibliotecasSTOPviolencia

 Un saúdo.

 


 

 

VENRES DE ALUCINE

Ola nenos e nenas!!!

Como estades? Son Caselín e todos os últimos venres de mes estarei con todos vós na sección

"Venres de Alucine".

Este venres adicarémoslle ao "Samaín". Na primeira imaxe déixovos tres trailers dunhas películas terroríficas. E na segunda imaxe atoparedes cinco contos relacionados co "Samaín".

Desexo que vos gusten e gocedes moito mirándoos en familia.

Moitos bicos!

BENVIDA DE ALUCINE 2020-2021

VOLTAMOS AO COLE

DENTRO DUNS DÍAS VOLTAREMOS AO COLE E CASELÍN XA COMEZOU A VISITAR ALGUNHAS DAS AULAS PARA VER OS VOSOS CAMIÑOS DA FELICIDADE. COA MESMA FELICIDADE COMEZAREMOS ESTE NOVO CURSO. ESPÉRANNOS MOITAS AVENTURAS XUNT@S!!!!

VÉMONOS O 10 DE SETEMBRO OS NENOS E NENAS DE 3 E 4 ANOS

E O 11 DE SETEMBRO OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS.

 

Distribuir contido