Dende o Concello de Narón queren animar á cidadanía a achegarse este sábado, día 11, á Praza de Galicia para colaborar na elaboración da alfombra floral dos Maios. A esa hora comezará a pintarse o deseño do artista local Leandro Lamas para, unha vez rematado, iniciar a colocación das flores. Trátase dunha proposta dirixida a persoas de todas as idades, cun marcado carácter interxeracional.