Se queredes consultar a orde que regula estas axudas tedes que premer aquí
Se queredes descargar a solicitude tedes que premer aquí
Se queredes descargar as instruccións da Consellería tedes que premer aquí
Se queredes acceder a aplicación fondo libros tedes que premer aqui
Recordade o horario por se desexades presentalo na sede de San Xiao, aquel alumnado que vai estar escolarizado no CRA DE NARÓN o vindeiro curso:
LUGAR: SEDE DO CRA DE NARÓN- SAN XIAO
MARTES DE 11 A 14 HORAS E DE16 A 18 HORAS
XOVES DE 11 A 14 HORAS
O ÚLTIMO XOVES QUE ESTAREMOS É O XOVES 20 DE XUÑO
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA
Dende o día 17 de abril de 2024 quedarán expostas as listaxes do alumnado do proceso de admisión no interior das tres escolas que compoñen o CRA DE NARÓN, así como na sede de San Xiao
MANUAL PARA AS FAMILIAS da APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO
ZONA DE INFLUENCIA DO CRA DE NARÓN
LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Para conmemorar o día da muller o 8 de marzo, dende o CRA de Narón coñecemos un pouquiño a traxectoria dalgunhas mulleres do mar importantes.
O pasado 2 de abril conmemoramos o Día Mundial de concienciación do autismo e sumándonos á proposta da federación de autismo elaboramos diversas actividades cuxo produto final se recolle neste vídeo. Agardámos que vos guste!
Os días 5, 6 e 7 de marzo o alumnado do CRA de Narón visitou a Lonxa de Ferrol como una das saídas do seu proxecto anual "Mar Aberto". Resultou unha experiencia fantástica tanto para os nenos e nenas como para o profesorado. Aquí queda un breve reflexo do que fixemos.
No CRA celebramos o día de Rosalía de Castro en todas as escolas.
Ollade o vídeo para saber máis!
No CRA celebramos o entroido na escola de Domirón, facendo unha xuntanza das tres escoliñas cun desfile polas rúas, acompañado das familias, e unha merenda con postres típicos do entroido. Pasámolo xenial!
Moitas grazas a todas as persoas que participáchedes nesta xornada e nestas semanas de preparación!