Skip to Content

Obradoiros en aula

Día Internacional contra a violencia de xénero - Novembro 2018

25/11/2018 00:00
25/11/2018 23:59

O día 25 de Novembro foi o Día Internacional contra a violencia de xénero e as diferentes escolas do CRA tamén celebraron este día. Dende o equipo de biblioteca propúxeronse diferentes actividades a partir do conto de "Arturo e Clementina" que as nenas e nenos levaron a cabo nas aulas.

Obradoiro de igualdade - Novembro 2018

23/11/2018 09:00
23/11/2018 14:00

 

Na aula de primaria de Fornelos recibimos a visita de Angelina, que veu a nosa aula para falar de diversas situacións da nosa vida e da muller. 

Foi unha charla moi entretida onde os nenos e nenas reflexionaron e aprenderon moitas cousas.


Obradoiro de impresión sobre madeira - Novembro 2018

12/11/2018 09:00
14/11/2018 14:00

Na escola de primaria de Fornelos recibimos a visita de Noemí, que veu impartir un obradoiro de impresión en madeira. Como a impresión tiña que secar, veu dous días para darlle tempo e facelo ben. 

 

Noemí trouxo dúas fotos, unha dos muíños do Folón e outra do patio da nosa escola. As fotos estaban impresas do revés, xa que ía pegalas nun anaco de madeira e así logo veriámolas do dereito. Foi dándolle coa man á foto enriba da táboa moi suavemente para que fora quedando pegada, logo deulle verniz por riba. Así polas dúas caras.

 

Dous días despois foi dándolle cos dedos moi a modo e sacando a parte superficial da impresión, descubrindo a foto. Quedaron pegadas as dúas fotos na madeira. 

 

Facemos pan en Pias - Novembro 2018

09/11/2018 09:00
09/11/2018 12:00

Hoxe, na escola de Pías, tivemos unha clase diferente... convertémonos en panadeiros e panadeiras!!! Fixemos a masa con todos os ingredientes que trouxo a mestra e ademais engadimos as pipas que lle quitamos ás cabazas de Samaín ó decoralas. Amasamos a masa para facer boliños pequenos e despois con moita paciencia esperamos a que se coceran no forno  e quedáronnos uns boliños riquísimos!!

Elaboración do zume de uva en Novás - Outubro 2018

01/10/2018 09:00
01/10/2018 14:00

Unha vez que recollimos as uvas e aprendimos como facer o zume pasamos á acción. Primeiro seleccionamos ás uvas que queríamos exprimir, logo lavámolas e por último pisámolas e exprimímolas coa termomix.

Aprendimos moitísimo, pasámolo moi ben e o mellor de todo é que nos saiu un zume para chuparse os dedos!!!

Elaboración de doce de marmelo - Setembro 2018

20/09/2018 09:00
20/09/2018 14:00

Xa que o pasamos tan ben facendo a marmelada de figos, decidímos aproveitar os marmelos que da a árbore que temos na escola para facer doce de marmelo. Fomos recoller os marmelos nun recreo e coa axuda da termomix os nenos e nenas fixeron o doce para levar para a súa casa. Ademais tamen deixamos un pouco doce para celebrar os aniversarios do mes.

Elaboración marmelada de figos - Setembro 2018

19/09/2018 09:00
19/09/2018 14:00

Ós nenos e nenas de Novás gústalles coñecer as diferentes árbores pero tamén lles gusta moito a hora da merenda, polo que nos puxemos mans á obra para combinar as dúas cousas. 

Coñecemimos como son as follas da figueira e o froito que da, traballamos con elas e para rematar elaboramos nos mesmos unha deliciosa marmelada de figos que nos quedou riquísima!!!

Apadriñamento lector en Couso - Abril 2018

25/04/2018 11:30
25/04/2018 12:30

Os alumnos e alumnas de Couso recibiron a visita dos nenos e nenas do colexio da Mata e desfrutaron dos contos que estes lles contaron. Como o tempo nos acompañou sentamos no chan por todo o patio e pasárono en grande.

Publicación en "Sermos escola" - Marzo 2018

15/03/2018 09:00

O xornal "Sernos escola" publicou a dobre páxina unha reportaxe sobre a actividade de matemáticas danzadas realizada no noso colexio. Moitas grazas a este xornal pola difusión!!! Podedes ver as fotos da reportaxe pinchando AQUÍ

Día "A nena na Ciencia" - Febreiro 2018

16/02/2018 09:00
16/02/2018 14:00

As nenas e nenos do CRA celebraron nas súas aulas o día da nena na ciencia, e para facelo realizaron diferentes experimentos que resumimos en un video.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut