Skip to Content

Obradoiros en aula

Facemos xelado en Tabagón- Outubro 2019

03/10/2019 09:00
03/10/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Tabagón (de educación infantil e primaria) realizamos nestre primeiro trimestre un obradoiro de cociña, no cal, aproveitando aínda o bo tempo, elaboramos e facemos xelados de diferentes sabores. 

Guiño QUE RICOS ESTABANNNN!!!

Pousavasos da nosa contorna - Xuño 2019

18/06/2019 09:00
18/06/2019 14:00

O alumnado do CRA, en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega, elaborou uns pousavasos para dar a coñecer os diferentes elementos da contorna. Estes pousavasos estarán presentes en diferentes establecementos do Rosal.

Día das Letras Galegas - Maio 2019

17/05/2019 09:00
17/05/2019 14:00

Nas diferentes aulas do CRA conmemoramos o Día das Letras Galegas que este ano estaba adicado a Antón Fraguas. Para elo, levamos a cabo diferentes actividades como o repaso da vida e obra, actividades co escornabot e xogos nas PDIs. 

Obradoiro Érguete - Marzo 2019

02/02/2019 09:00
15/03/2019 14:00

Nas aulas de infantil do noso CRA leváronse a cabo tres sesións de obradoiros con temáticas coma habilidades sociais, toma de decisións, xestión de conflictos, límites e normas e autoestima, por parte da Asociación Érguete Baixo Miño.

Matemáticas bailadas - Marzo 2019

26/02/2019 09:00
26/03/2019 14:00

Neste curso, como o pasado, os nenos e nenas de primaria das escolas de Novás e Fornelos levaron a cabo unhas sesións de matemáticas danzadas onde poideron aprender e traballar diferentes conceptos á vez que se divertían e bailaban.

Contacontos "Nube branca quere ser astronauta" - Febreiro 2019

11/02/2019 09:00
15/02/2019 14:00

Na semana do 11 ó 15 de Febreiro, o equipo de orientación foi polas aulas do CRA contando e escenificando o conto de "Nube branca quere ser astronauta". Para elo, empregaron sons e materiais manipulativos accesibles a todo o alumnado.

Celebración Día da Paz - Xaneiro 2019

30/01/2019 09:00
30/01/2019 14:00

O pasado 30 de Xaneiro os nenos e nenas do CRA celebramos o Día da Paz. Para elo, cada titor e titora na súa aula levou a cabo diferentes actividades relacionadas coa Paz, ademais de aprender e bailar a canción "Marea de gente" de Macaco.

 

Reducimos, reutilizamos e reciclamos - Xaneiro 2019

29/01/2019 09:00
29/01/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Couso levamos a cabo diferentes actividades para aprender a coidar o medio ambiente. 

Por unha banda, en canto á reciclaxe, aprenderon a seleccionar e separar os residuos en candanseu contedor. Por outra, tentan reducir e reutilizar aqueles materiais que empregan no seu día a día.

A partir disto, realizaron unha serie de actividades como son a escoita de cancións, construcción de palabras con material de refugallo, ou a saída para levar o lixo ós contedores.

Obradoiros de compostaxe - Decembro 2018

01/12/2018 09:00

O noso CRA adheriuse este curso escolar ó PROGRAMA EDUCATIVO REVITALIZA, “Apúntate á compostaxe” promovido pola Deputación de Pontevedra. Pareceunos unha actividade moi importante para concienciar ao noso alumnado e profesorado sobre un dos problemas ambientais aos que diariamente nos temos que enfrontar. Neste programa estanse a desenvolver actividades encamiñadas ao alumnado e profesorado do centro como son: xornadas profesorado, xogo sobre residuos, compostaxe infantil, poñendo en marcha os composteiros, a actividade "Quen vive aí?" e a exposición na biblioteca do centro todo o mes de Decembro.

Día internacional da discapacidade - Decembro 2018

03/12/2018 09:00
03/12/2018 14:00

O 3 de Decembro celebramos no CRA o día internacional da discapacidade. Para elo empregamos o libro "A árbore da escola" e cada unha das aulas transcribiu unha páxina do libro a diferentes formas de comunicación (empregando diferentes lenguaxes, pictogramas, sons...). Para rematar, cada colexio prantou unha árbore no patio.

Distribuir contido


by Dr. Radut