Skip to Content

Obradoiros en aula

As mandarinas que soan como un piano- Xaneiro 2020

15/01/2020 09:00
15/01/2020 11:32

Xa temos aquís as fotos desta divertidísima actividade proposta dende a biblioteca!!

A través da lectura do conto "Unha eiruga moi larpeira"aproveitamos para traballar diferentes temáticas: a alimentación e a pirámide alimenticia, xunto cunha actividade moi creativa chamada "Croc and play". Trátase dunha pequena praca-circuita que, a través de cables, permite conectar ó ordenador calquera elemento conductor e convertilo nun mando co que poder xogar. E, nesta ocasión experimentamos con mandarinas, e sabedes que? soaban como un piano!

 

QUEDAMOS TODOS/AS ALUCINADOS!!!

 

Xogamos coa maleta científica- Xaneiro 2020

10/01/2020 09:00
10/01/2020 14:00

Como xa mostramos e mencionamos en publicacións anteriores, estivo rulando polas diferentes aulas e localidades do CRA a nosa "maleta científica". E, aquí temos algunhas das fotiños do seu traballo e posta en práctica. 

O PASAMOS INCREIBLE!!!

 

Obradoiro de cociña- Novembro 2019

27/11/2019 09:00
27/11/2019 13:00

Os nenos e nenas da escola de Fornelos infantil realizamos nestre primeiro trimestre un obradoiro de cociña, no cal elaboramos as nosas "GALLETAS OLÍMPICAS", dado que estamos centrados no traballo dos aros olímpicos e os continentes (dentro do proxecto das CRAOLIMPÍADAS). 

Guiño NOS ENCANTA COCIÑAR, E QUE RICAS NOS SAIROONNN!!!

"E ti que ves sendo?"- Novembro 2019

25/11/2019 09:00
25/11/2019 14:00

"E ti que ves sendo?" Esta foi a pregunta coa que nos atopamos en Marzán ao chegar ao cole, por iso un a un nos presentamos achegando unha caixiña coas cousiñas que mellor nos definen (familia, afeccións, etc.) e iniciamos o descubrimento do noso corpo a través dos sentidos e as emocións. 

Guiño SOMOS IGUAIS E A VEZ TAN DIFERENTES!!!

Maleta científica- Novembro 2019

20/11/2019 09:00
20/11/2019 14:00

Neste mes de novembro da ciencia, está viaxando polas diferentes aulas do CRA un material moi especial "A maleta científica". Nela hai diferentes recursos para profundizar nesta temática tan interesante e divertida, como son:

- Materiais para realizar un proxecto con plastilina condutora de electricidade de elaboración propia.

- Taboleiros sobre as "CRAOLIMPIADAS" para traballar cos Escornabots.

- E o maletín de "Yo aprendo a programar"...

IREMOS MOSTRANDO AS FOTIÑOS Risa !!!

O outono- Novembro 2019

05/11/2019 09:00
05/11/2019 14:00

Nesta escola temos sorte de estar rodeados de natureza e de árbores froiteiras como o castiñeiro. Así que, xogmos coas súas follas e descubrimos os seus ourizos, que pican e agochan castañas que apañamos e manipulamos para preparalas no forno e papalas. 

Entre medias chegou o Samaín, que festexamos converténdonos en bruxas, elaborando as nosas propias basoiras e manipulando misturas noxentas.

Guiño APRENDIMOS E NOS DIVERTIMOS MOITO!!!

Samain en Couso- Outubro 2019

30/10/2019 09:00
30/10/2019 14:00

O 30 de outubro celebramos en Couso a festa do Samaín. Xuntámonos todos os nenos e nenas e primeiro vimos un pouquiño da película de COCO.

Despois fixemos dous talleres:

- A manualidade dunha pantasma.

- Cociña monstruosa, o noso bocata e magdalenas de cabaza personalizados.

Merendamos e comemos todiño!!! ESTABA MOI MOI RICOOOOOO

Para rematar o día xogamos co memory do Samain. 

Magdalenas de cabaza- Outubro 2019

29/10/2019 09:00
29/10/2019 14:00

 O día antes da celebración do SAMAIN, na escola de Couso, preparon xa as magdalenas de cabaza para decorar e comer ao día seguinte 

XA TEMOS TODO PREPARADO!!!

Taller de cociña - Outubro 2019

15/10/2019 09:00
15/10/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Novás (de educación infantil e primaria) realizamos nestre primeiro trimestre un taller de cociña, no cal elaboramos un biscoito de cabaza con cobertura de chocolate. 

Guiño QUE BEN O PASAMOS, E QUE RICO ESTABA!!!

Imos de compras para cociñar- Outubro 2019

08/10/2019 09:00
08/10/2019 14:00

 O  alumnado da escola de Couso fumos ao supermecado e compramos os ingredientes necesarios para a elaboración dunhas gallletas super ricas....Canso

ESTAMOS FEITOS UNS SUPER COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut