Skip to Content

Todas as actividades

Visita Radio Tui - Febreiro 2019

25/02/2019 09:00
25/02/2019 14:00

O pasado Luns todas as aulas do CRA visitamos o estudo de Radio Tui onde poidemos presenciar un programa en directo, gravar as nosas propias cuñas e mandar un saúdo para as nosas familias. Ó remate da visita, fomos andando a un parque onde merendamos e xogamos ata que nos veu buscar o autobús para levarnos de volta a casa.

Matemáticas bailadas - Marzo 2019

26/02/2019 09:00
26/03/2019 14:00

Neste curso, como o pasado, os nenos e nenas de primaria das escolas de Novás e Fornelos levaron a cabo unhas sesións de matemáticas danzadas onde poideron aprender e traballar diferentes conceptos á vez que se divertían e bailaban.

Contacontos Bea Campos - Febreiro 2019

19/02/2019 09:00
19/02/2019 14:00

O Martes 20 de Febreiro os alumnos e alumnas do CRA foron á biblioteca do concello para gozar cunha sesión de contacontos de Bea Campos. Os alumnos e alumnas cantaron, bailaron e puxeron en práctica o seu galego cos diferentes contos.

Contacontos "Nube branca quere ser astronauta" - Febreiro 2019

11/02/2019 09:00
15/02/2019 14:00

Na semana do 11 ó 15 de Febreiro, o equipo de orientación foi polas aulas do CRA contando e escenificando o conto de "Nube branca quere ser astronauta". Para elo, empregaron sons e materiais manipulativos accesibles a todo o alumnado.

Visita ó estaleiro da Guarda - Febreiro 2019

13/02/2019 09:00
13/02/2019 14:00

Os alumnos e alumnas da escola de Pías e Fornelos tiveron a oportunidade de visitar ó estaleiro da Guarda onde poideron coñecer o proceso de construcción dos barcos e incluso entrar nun barco en proceso de construcción. 

Ó rematar a visita deron un paseo pola beira do Miño, onde aproveitaron para xogar e merendar nas praias.  

Celebración Día da Paz - Xaneiro 2019

30/01/2019 09:00
30/01/2019 14:00

O pasado 30 de Xaneiro os nenos e nenas do CRA celebramos o Día da Paz. Para elo, cada titor e titora na súa aula levou a cabo diferentes actividades relacionadas coa Paz, ademais de aprender e bailar a canción "Marea de gente" de Macaco.

 

Reducimos, reutilizamos e reciclamos - Xaneiro 2019

29/01/2019 09:00
29/01/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Couso levamos a cabo diferentes actividades para aprender a coidar o medio ambiente. 

Por unha banda, en canto á reciclaxe, aprenderon a seleccionar e separar os residuos en candanseu contedor. Por outra, tentan reducir e reutilizar aqueles materiais que empregan no seu día a día.

A partir disto, realizaron unha serie de actividades como son a escoita de cancións, construcción de palabras con material de refugallo, ou a saída para levar o lixo ós contedores.

Alimentación saudable - Xaneiro 2019

15/01/2019 09:00
30/01/2019 14:00

Nas diferentes aulas do CRA traballamos sobre os alimentos saudables vendo a pirámide alimentaria, principalmente a través de xogos como: manualidades, debuxos, sopa de letras, adiviñas, elaboración de menús saudables e vídeos sobre alimentación saudable e a pirámide alimentaria.

 

Actividade de psicorobótica - Xaneiro 2019

08/01/2019 09:00
25/01/2019 14:00

En tódalas aulas do CRA fixemos unha actividade de psicorobótica na que traballamos a psicomotricidade por medio da robótica cun robot chamado "Movi" que dipón de varios xogos para que as nenas e os nenos se movan e se divirtan. Algúns destes xogos son:

- "O semáforo", no que Movi ordena moverse coa luz verde e parar coa vermella.

- "Os animais". Movidice o abecedario parando nalgunhas letras e imitando a diferentes animais.

- "Movi dice" e "paso a paso", no que o robot da diferentes ordes ós nenos como: da un salto, toca os xeonllos, tres pasos atras, un xiro...

Esta actividade está dentro da área de Educación física.

Visita das axudantes dos Reis Magos - Decembro 2018

20/12/2018 09:00
20/12/2018 14:00

Os nenos e nenas do CRA recibiron a visita das axudantes dos Reis Magos nas súas aulas. Os alumnos e alumnas entregáronlle as súas cartas coas súas peticións e ademais cantáronlles unha canción.

Como nos portamos moi ben, as axudantes deixaron algo en cada aula.

Distribuir contido


by Dr. Radut