Como todo os anos, as diferentes escolas reuníronse para festexar o magosto. Xuntámonos en Fornelos e pasamos un día xenial. Comezamos o día facendo xogos en grupos de diferentes idades para fomentar a cooperación e a convivencia. Xogamos co paracaídas, fixemos carreiras de sacos, lanzamos aos comecastañas…
Despois dos xogos e coa axuda dalgunhas nais e pais, asamos unhas castañas e comimos diferentes postres e comidas típicas destas datas feitos polos pais e nais… Puxémonos as botas!!!
As nenas e nenos de primaria do CRA asistimos a unha representación teatral de monicreques no Auditorio Municipal do Rosal xunto coas nenas e nenos do colexio da Mata.
A obra chámase “A Casa do Avó” e está representada polo grupo Tanxarina.
É unha historia sobre un avó ao que os banqueiros lle querían quitar a súa casa. Pero o seu neto, coa axuda da xente, logra evitalo.
As nenas e nenos do CRA celebramos, cadaquén na súa escola, a festa do Samaín vindo disfrazados a clase e as mestras e mestres tamén!!!
Fixemos xogos e obradoiros de medo e preparamos entre todas e todos unha merenda terrorífica: arañas, dedos sanguentos, sangue de bruxa, terra con gusanos...
Saímos cedo en autobús para chegar a Vigo e fomos andando ata Naturnova.
Proxectaron un vídeo sobre as abellas. Logo dividímonos en grupos para ir a ver as diferentes actividades. Nunha sala había un submarino no que se movían os asentos arriba e abaixo. Era coma se foramos polo fondo da ría de Vigo. Aparecían peixes e algas. Outra sala tiña planetas, estrelas e xogos do Universo. Abaixo había outra sala na que se escoitaba unha tronada e na que había un túnel. Un tren movíase coa luz. Tamén había unha lámpada que se prendía cando se movía un muíño. Había fotos de insectos e bechos. Noutro sitio cheirábanse diferentes olores. Merendamos e fixemos un debuxo con adhesivos, inspirándonos en cadros de Kandinsky. Logo vimos unha exposición de cadros con Águeda, unha guía do Rosal.
Xuntámonos no sofá con Andrea, que nos veu contar dos peixes e do mar.
Falamos de onde nace a auga, de cómo a auga dos ríos vai ao mar. Falamos do peixe espada, da manta-raia, de peixes brancos e azuis, dos percebes, da lamprea, do peixe sapo, do salmón, do bacallau. Comentamos se comiamos peixe e de que tipo nos gustaba. Logo fixemos un barco con papel de periódico.
Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a sexta edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!
Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a quinta edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!
Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a cuarta edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!
Agora que xa rematamos este curso un ano máis aquí temos a nosa revista do Bufo Fich, a terceira edición xa. Nela amosamos todo o que fixemos ao longo destes meses de curso. Participamos en moitas actividades e traballamos un montón! Velaquí poderedes ver algúns deses momentos!