Skip to Content

Todas as actividades

Mañá na casa de Manolo - Xuño 2017

19/06/2017 09:00
19/06/2017 14:00

As nenas e nenos de Educación Primaria de Pías pasamos a mañá na casa de Manolo, o noso titor. Visitámola, facemos un obradoiro de comida e xogamos alí

 

Visita da protectora de animais de Tui - Xuño 2017

19/06/2017 09:00
19/06/2017 14:00

Na escola de Fornelos recibimos a visita da protectora de animais de Tui chamada "Aloia". Viñeron a falarnos e sensibilizarnos sobre os animais protexidos e as mascotas que moitas veces a xente abandona cando xa lles molestan no seu día a día.

Trouxeron un can que se chamaba turrón, que foi abandonado e recollérono nesta protectora de animais.

Foi moi bonito!!!

 

Saída ao paseo marítimo de Camposancos - Xuño 2017

16/06/2017 09:00
16/06/2017 14:00

As nenas e nenos de Educación Primaria de Fornelos saímos de excursión ata o paseo marítimo de Camposancos. Alí estivemos a mañá camiñando e desfrutando dun entorno natural privilexiado.

Pasámolo moi ben.

 

Acampada en Pías - Xuño 2017

14/06/2017 17:00
15/06/2017 09:00

As nenas e nenos de Educación Primaria de Pías temos unha acampada xunto coas familias á beira da escola. Actividades, comida compartida, durmir en tendas...

Unha acampada como é debido. Que xeito máis chulo de rematar o curso!!!

Quedamos ás cinco da tarde na escola, deixamos as cousas e marchamos ata o río para bañarnos porque ía unha calor!!! Despois de pasalo ben na auga nos cambiamos e ceamos entre todas e todos un pouco de churrasco: Que rico!!! Logo a durmir nas tendas, durmir e estar de faladeira un bo rato... Algúns que outros andaban algo descolocados por non durmir na casa e inda lles costou acostumarse. Así as cariñas pola mañá!!!

E o día seguinte... a recoller todo e... unha sesión de mangueirazos de auga no patio da escola!!!

Foi xenial!!!

 

Visita á Mata - Xuño 2017

08/06/2017 09:00
08/06/2017 14:00

As nenas e nenos de segundo curso de primaria de todo o CRA visitamos as instalacións do centro educativo da Mata, o colexio ao que imos o curso próximo.

Alí nos recibiron antigas compañeiras e compañeiros do CRA, xogamos no patio, coñecimos o lugar e ata nos presentaron a algúns mestres e mestras.

Estivo moi chulo.

 

Contos de Carlos Casares - Maio 2017

31/05/2017 09:00
31/05/2017 14:00

Con motivo da celebración das Letras Galegas este ano facemos unha adaptación plástica e audiovisual de varios traballos e datos da vida do escritor homenaxeado este ano: Carlos Casares.

 

Cada aula decide o xeito de plasmar o conto ou contido que lle corresponde:

- Aula de Novás Ed. Infantil: A formiga esquiadora, do libro A galiña azul.

- Aulas de Couso Ed. Infantil: A galiña azul, do libro A galiña azul.

- Aula de Marzán Ed. Infantil: O peixe da fonte do xardín, do libro A galiña azul.

- Aula de Tabagón Ed. Infantil: Querida Ana, do libro A galiña azul.

- Aula de Fornelos Ed. Infantil: A bomba da felicidade, do libro A galiña azul.

- Aulas de Pías Ed. Infantil e Primaria: libro As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas.

- Aula de Fornelos Ed. Primaria: biografía de Carlos Casares.

- Aula de Novás Ed. Primaria: bibliografía de Carlos Casares.

 

Moito ensaio, moito traballo e moita creatividade para decidir que facer en cada escola... Moitas grazas pola enerxía e gañas postas para facelo. O resultado paga ben a pena!!!

 

Teatro "A nena que quería navegar" - Maio 2017

29/05/2017 09:00
29/05/2017 14:00

As nenas e nenos de primaria do CRA asistimos a unha obra de teatro cantada. Chamábase nena que quería navegar”, do grupo teatral Redrum Teatro no Auditorio do Rosal, xunto ás nenas e nenos doutros colexios da zona.
A obra falounos sobre o acoso que algúns alumnos e alumnas sofren nos centros escolares, aportándonos ideas sobre como saír desta situación.
Tamén desfrutamos moito coas cores vivas e cambiantes, a música dos 80 con letras adaptadas e polo bo facer dos actores e actriz.
Foi xenial!!!

 

A Voz de Zambrano - Marzo 2017

24/05/2017 09:00
24/05/2017 14:00

Aquí temos unha publicación do noso propio xornal "A voz de Zambrano". A actividade consistiu en recoller as cousas máis salientables deste mes de marzo e xuntalas para poder facer o noso propio xornal.

Quedou moi chulo.

 

Excursión aos museos da Coruña - Maio 2017

23/05/2017 09:00
23/05/2017 18:00

As nenas e nenos de Ed. Primaria do CRA imos de excursión á Coruña. Pasamos todo o día e comemos alí. Imos visitar museos desa cidade coma a Casa das Ciencias, A Domus ou o Aquarium.

Menudo día!!! Espectacular. Chegamos a Coruña despois dun bo rato no bus e entramos a ver unha proxección no planetario da Casa das Ciencias cun vampiro e moitas estrelas...

Despois fixemos un percorrido polas instalacións e experimentos e marchamos ata a Domus. Alí descansamos un pouco e zampamos a comida. Despois xa estabamos listos para visitar a Domus con tantas cousas para aprender, ver, tocar, probar, escoitar...

E inda quedaba o Acuario con tantos peixiños e de máis criaturas mariñas... Ata unha quenlla no Nautilus (que sala máis chula, por certo)!!! Impresionante.

Despois de tanta emoción tocou merendar nun parque cerquiña da Torre de Hércules, tomar un xeado e montar no bus de volta.

Día longo, esgotador e seguidiño, pero pagou a pena co ben que o pasamos.

Xenial!!!

 

Teatro "A Galiña Azul" - Maio 2017

15/05/2017 09:00
15/05/2017 14:00

As nenas e nenos de Ed. Primaria do CRA desfrutamos hoxe no Auditorio do Rosal, xunto con alumnas e alumnos de máis colexios, dunha representación teatral para celebrar o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Carlos Casares, así que a obra representada foi deste autor: "A Galiña Azul".

Estivo xenial!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut