CRA de Culleredo

Actividades

FESTIVAL DE NADAL

O xoves 18 de decembro xuntámonos na escola de A Choeira para cantar as nosas panxoliñas. Pasámolo moi beeeen!


POSTAL DE NADAL

O luns 15 de decembro achegouse ás nosas escolas o Carteiro Real e deixounos unha mensaxe. Nós contámoslle os nosos desexos.

MAGOSTO 2014

O pasado venres 14 de novembro celebramos o MAGOSTO na escola de A Choeira. Tivemos de invitados uns nenos e nenas da escola de Queixas.

Pasámolo moi ben todos xuntos!

As castañas asáronas na Torre de Celas uns pais, nais e avós e despois achegáronas á escola. Estaban boísimaas.


 

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 16 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas na Torre de Celas. Cando chegamos xogamos á Mariola, aos Birlos, ás Ondas Mariñas, ás Illas e fixemos un Maio. Despois de actuar diante das familias comimos de Romaría no campo acompañados polos gaiteiros. Pasámolo xeniaaaaal!!!!

21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo saímos a prantar árbores. Primeiro vimos ao ARBOLITO LITO que ensinounos un clarinete baixo e aos seus duendecillos. Logo no paseo do Burgo, pretiño do parque dos patos fixemos a prantación.

VISITAMOS A LONXA DO PORTO DE A CORUÑA

Os días 17 e 18 de marzo visitamos a Lonxa do Porto de A Coruña.  Mirade cantos peixes vimos e tocamos!!!

AQUARIUM FINISTERRAE

O venres 17 de Xaneiro de 2014 visitamos o Acuario de A Coruña e vimos un montón de peixes que estamos estudando na nosa clase.

Pasámolo moi ben!!!

 

NADAL 2013

Hoxe 19 de decembro veu visitarnos o CARTEIRO REAL. Entregámoslle as nosas cartas e cantamos unha XANEIRA. Pasámolo moi ben.

BO NADAL E FELIZ ANO 2014.

Distribuir contido