Skip to Content

Actividades

warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.

MAGOSTO 2014

O pasado venres 14 de novembro celebramos o MAGOSTO na escola de A Choeira. Tivemos de invitados uns nenos e nenas da escola de Queixas.

Pasámolo moi ben todos xuntos!

As castañas asáronas na Torre de Celas uns pais, nais e avós e despois achegáronas á escola. Estaban boísimaas.


 

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

O 16 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas na Torre de Celas. Cando chegamos xogamos á Mariola, aos Birlos, ás Ondas Mariñas, ás Illas e fixemos un Maio. Despois de actuar diante das familias comimos de Romaría no campo acompañados polos gaiteiros. Pasámolo xeniaaaaal!!!!

21 DE MARZO DÍA DA ÁRBORE

O 21 de marzo saímos a prantar árbores. Primeiro vimos ao ARBOLITO LITO que ensinounos un clarinete baixo e aos seus duendecillos. Logo no paseo do Burgo, pretiño do parque dos patos fixemos a prantación.

VISITAMOS A LONXA DO PORTO DE A CORUÑA

Os días 17 e 18 de marzo visitamos a Lonxa do Porto de A Coruña.  Mirade cantos peixes vimos e tocamos!!!

O ENTROIDO 2014

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ

AQUARIUM FINISTERRAE

O venres 17 de Xaneiro de 2014 visitamos o Acuario de A Coruña e vimos un montón de peixes que estamos estudando na nosa clase.

Pasámolo moi ben!!!

 

NADAL 2013

Hoxe 19 de decembro veu visitarnos o CARTEIRO REAL. Entregámoslle as nosas cartas e cantamos unha XANEIRA. Pasámolo moi ben.

BO NADAL E FELIZ ANO 2014.

O MAGOSTO 2013

Este ano celebramos o Magosto na Torre de Celas hoxe, 15 de novembro. Xogamos coas castañas e cantamos. Despois comemos unhas poucas castañas asadas. Estaban boísimas!!!

Marcelle

O venres 14 de xuño, fixemos a excursión de fin de curso en Marcelle.

Vimos moitos animais e xogamos un montón.

Foi divertidísimo!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut