Skip to Content

Actividades

Festival de Nadal

O xoves 20 de decembro celebramos o festival de Nadal na escola da Choeira.

Recibimos unha visita moi especial, veu o Carteiro Real recoller as nosas cartas para facerllas chegar aos Reis Magos. Para agradecerllo cantámoslle unha panxoliña e tocamos a guitarra que fixemos na clase de música.

Despois cada escola fixo a súa actuación a rematamos cunha panxoliña en inglés.

Para rematar a xornada merendamos todos xuntos!

Foi xenial!

 


sentímolo, flash non está dispoñible.

Concerto de Nadal

O xoves 13 de decembro asistimos a un concerto de panxoliñas no Conservatorio de Culleredo.

E ata algúns dos nen@s das nosas escolas sairon a actuar!

Foi moi divertido!

 

            

O Magosto

O xoves 8 de novembro celebramos a festa do Magosto, pero este ano na Escola de Ledoño.

Xogamos na pista a "Pomba branca, pomba negra", ás "Catro esquinitas", á "Pita Cega", cos "Peóns" e fixemos construccións cos carozos. Pasámolo moi ben!!!

Despois comemos as castañas que asaron uns avós e papás de Ledoño.

Foi un día moi divertido!!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

Nuncabunga

O xoves 18 de outubro realizamos a primeira saída do curso.

Asistimos á obra de teatro "Nuncabunga" no Forum Metropolitano.

A obra encantounos, e ademáis averiguamos que a compañía de teatro que a facía é de Culleredo!

Aquí deixamos o video promocional da obra. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.

 

Proxecto Mandeo

O 27 e 28 de setembro tivemos nas distintas escolas do CRA unha actividade de Educación Ambiental levada a cabo pola Deputación da Coruña.

Esta actividade está centrada no río Mandeo. A través dun conto que ten como protagonista ao Merlo Rieiro aprendemos distintas cousas: onde nace o río Mandeo, os seus afluentes, lugares por onde pasa, onde desemboca.....

E rematamos a actividade coloreando os personaxes do conto para facer un títere e tamén coloreamos o escenario para poder representar o conto.

Foi moi divertido!!!

 

Excursión de Fin de Curso ao Ventoso

O venres 15 de xuño, fixemos a saída de fin de curso ao Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso.

Alí montamos a cabalo, coidamos e alimentamos os distintos animais, xogamos na natureza,.....

Pasámolo moi ben!!!

 

Romaría das Letras Galegas

O martes 15 de maio celebramos unha romaría para festexar o día das Letras Galegas.

Houbo xogos, actuacións das distintas escolas e recitado dun poema de Manuel María titulado "A Fala".

Recibimos a visita dos gaiteiros, e de dúas mamás que colaboraron cantando unha canción e realizando unha sesión de contacontos.

E ademais disfrutamos dunha comida campestre en familia.

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Terra

O día 22 de abril conmemórase o Día da Terra, e nós para celebralo, fixemos unha saída ao entorno dos muíños de Acea da Ma.

Visitamos os muíños, e o historiador Carlos Pereira explicounos como era o seu funcionamento e as súas partes.

Despois cruzamos ao paseo Tierno Galván e alí merendamos e paseamos, vendo as árbores e os animais que viven neste entorno.

Pasámolo moi ben!!!!

sentímolo, flash non está dispoñible.

DÍA DA ÁRBORE

O 21 de Marzo realizamos unha saída a Villa Melania para plantar castiñeiros. Ademais disto escoitamos un conto na biblioteca e disfrutamos dunha deliciosa merenda.

sentímolo, flash non está dispoñible.

O Entroido

O día 17 de Febreiro celebramos todos xuntos, no Edificio de Servicios Múltiples, o Entroido.

Vestímonos de pintores, como Joan Miró, e os profes eran os cadros.

Na festa, primeiro xogamos a: "Encestar estrelas", "Salta, saltarín", "Adiviña, adiviñanza", "Relevos" e "Descubrindo palabras". Logo degustamos postres típicos de entroido que fixeron as mamás, os papás, as avoas e os avós. Por último, fixemos un gran baile.

Pasámolo moi ben!!!!


sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut